A Asociación contra o Cancro axuda a resolver entre os seus beneficiarios as dúbidas en relación co COVID-19
Por Redacción
A Asociación Española contra o Cancro (AECC) elaborou unha guía para atender ás dúbidas que se presentan a través das súas canles de atención a pacientes con cancro e familiares en relación co coronavirus para que se trasladen á cidadanía.
Desde este colectivo sinalan que o coronavirus é unha infección nova da que non existen datos sobre o seu compartimento en persoas con cancro, pero lembran que os tratamentos oncolóxicos poden derivar nunha inmunosupresión e mesmo a propia enfermidade pode afectar o funcionamento do sistema inmune. #Ante esta situación, desde a asociación queren realizar recomendacións concretas para evitar o contaxio do COVID-19 ou como actuar en caso de ter síntomas.
Ademais, a AECC púxose ao servizo do Ministerio de Sanidade para quedar ao dispor do goberno se precisa algunha información sobre as persoas con cancro en relación coa pandemia.
Os servizos que presta a Asociación realízanse a través de canles remotas: online e telefónicos. O teléfono de Infocáncer 900 100 036 continuará operativo durante as 24 horas ao día.
Relacionadas:
-
Un acordo para axudar a pacientes e familiares, petición para o Día Mundial Contra o Cancro
Por Isabel Feijóo Gallardo |
-
Cuntis anima á veciñanza a participar na mesa da Asociación contra o Cancro
Por Redacción |
-
A AECC de Pontevedra supera as 1.500 intervencións desde o inicio da corentena
Por Redacción |
-
Nove psicólogos ofrecerán terapia psicolóxica e desafogo emocional en Pontevedra
Por Alejandro Espiño |
-
A AECC toma a vía telemática para axudar os pacientes durante a crise do coronavirus
Por Sara Iglesias |
-
A iniciativa solidaria contra o coronavirus prende en Marín cos traballadores autónomos
Por Redacción |