Aproveitan a corentena para arranxar os parques infantís de Campolongo, Pasarón e Maruja Mallo
Por Oskar Viéitez
A concellería de Desenvolvemento Sostible e Medio Natural está a aproveitar estes días nos que os parques infantís están pechados en acometer traballos de conservación destes espazos e mellorar a súa seguridade neste período fóra de uso.
Así, durante estas primeiras xornadas de corentena, o departamento que dirixe Iván Puentes está a acometer actuacións de mantemento e reposición de diversos elementos rotos ou en mal estado nas zonas de xogo e lecer de Pasarón, Campolongo e Maruja Mallo.
Segundo explica o edil do PSOE, no caso do parque infantil de Pasarón trátase dunha actuación de carácter provisional "mentres non se acometa o proxecto de rehabilitación que está prevista para toda a praza" que incluiría a renovación deste espazo substituíndo todos os elementos de xogo, o seu peche perimetral e o seu chan.
Agora investiranse uns 3.000 euros en reparar os valados da zona de xogos e do estanque, a restauración dos elementos de madeira e a reposición, "peiteado" e limpeza do céspede artificial.
O Servizo de Parques e Xardíns tamén levou a cabo labores de mantemento no parque de Campolongo, onde se repuxeron algunhas pezas da tirolesa que estaban rotas ou en mal estado e restaurouse parte do céspede. Ao mesmo tempo, arranxouse unha randeeira que tiña un poste roto na área de xogos situada na rúa Pintora Maruja Mallo grazas a unha achega duns 1.000 euros.
Relacionadas:
-
En marcha a renovación do parque Maruja Mallo
Por Redacción |
-
Monte Porreiro, A Parda, Os Gafos e O Peirao, seguintes paradas na posta a punto de parques e xardíns
Por Redacción |
-
O parque infantil da Rúa dos Soutos estrea a súa renovada imaxe
Por Redacción |
-
O Concello inicia este luns a fumigación e desinfección dos espazos públicos da cidade
Por Oskar Viéitez |
-
Decretan a suspensión dos mercados de venda ambulante e pechan os parques infantís de Pontevedra
Por Redacción |
-
Proxectan a reforma integral da Praza de Pasarón
Por Redacción |