Solicitan urxentemente medidas polo coronavirus no sector de axuda a domicilio
Por Oskar Viéitez
O sindicato Comisións Obreiras denunciou a ausencia de medidas preventivas diante do COVID-19 no persoal que traballa nos Servizos de Axuda a Domicilio.
Segundo este sindicato "prendeu o pánico xeneralizado" en moitos fogares galegos ao ver que o persoal de axuda a domicilio non traía ningún tipo de medida preventiva para evitar a expansión do coronavirus.
Comisións Obreiras reclama unha actuación urxente para "evitar que o sistema colapse" diante do alto risco de infección dos traballadores deste servizo e que "non teñamos suficiente persoal para atender ás persoas dependentes".
Así, demandaron á Xunta que poña a disposición ou que obrigue ás empresas concesionarias a dotar a este persoal de material como: luvas de nitrilo, batas desechables, gorros e máscaras.
No caso de que non se poida garantir a seguridade e saúde dos planteis, Comisións Obreiras cre que "se debería suspender temporalmente todos os servizos de axuda a domicilio mentres non se dean as condicións mínimas".
Carmen Villar, presidenta do comité de empresa de Idades de Pontevedra, que conta con máis un centenar de traballadoras, asegura que "a impotencia das familias traduciuse en infinidade de queixas aos seus respectivos concellos" e engaden que entre as profesionais de axuda a domicilio "estendeuse o medo, preocupación e desesperación pola ausencia de respostas por parte de todas e cada unha das empresas nas que traballan".
Relacionadas:
-
Vilagarcía restrinxe o acceso a praias, cemiterios e suprime a recollida de residuos voluminosos
Por Redacción |
-
A Deputación libera catro millóns de euros para axudar aos concellos pequenos a loitar contra o coronavirus
Por Redacción |
-
Cerdedo-Cotobade só mantén operativa a recollida de lixo o Servizo de Axuda no Fogar e o alumeado
Por Oskar Viéitez |
-
A Lama contrata á empresa Idades o Servizo de Axuda no Fogar por 244.000 euros
Por Oskar Viéitez |
-
A oposición solicita un pleno extraordinaria ante as pretensións de Telmo Martín de privatizar o Servizo de Axuda no Fogar
Por Redacción |