A Deputación libera catro millóns de euros para axudar aos concellos pequenos a loitar contra o coronavirus
Por Redacción
O Comité Provincial de Seguimento fronte ao Covid-19 reuniuse esta mañá na pazo da Deputación para dar conta de todas as medidas extraordinarios que o executivo puxo en marcha en materia de política social para proporcionar recursos aos concellos máis pequenos e ás familias máis vulnerables. "É a hora de atender á xente, sobre todo á máis vulnerable. Todo ou demais xa virá logo", declarou a presidenta Carmela Silva tras a reunión.
De forma inmediata, a Deputación activará un paquete de medidas valoradas en máis de catro millóns de euros dirixidas a concellos de menos de 20.000 habitantes. O obxectivo desta iniciativa é impulsar e potencias os servizos de axuda no fogar, os servizos sociais comunicarios ou as axudas de emerxencia.
Aliviar a situación de persoas maiores que viven solan é unha das grandes metas desta intervención. O sector máis vulnerable da poboación verá como se lle garante a alimentación, a hixiene, a limpeza ou a desinfección naquelas zonas nas que non poden actuar directamente os municipios. A activación do Fondo de Continxencia da Deputación para situacións de emerxencia, así como o reforzo da teleasistencia domiciliaria.
Así mesmo, Silva remitiu esta mañá unha carta aos alcaldes de toda a provincia na que lles informa da suspensión de todos os prazos dos plans provinciais de investimentos. "Queremos achegar vos recursos en primeiro lugar, xa haberá tempo de xustificar”, asegurou a mandataria socialista, quen se comprometeu a mellorar a atención ás persoas maiores beneficiarias dos programas de política social do ente provincial.
Doutra banda, o goberno que preside Carmela Silva xa puxo ao dispor do Goberno de España a Estación Fitopatolóxica de Areeiro e a Escola de Enfermería, para prover ás autoridades cando sexa necesario de material técnico e de laboratorio, así como de persoal sanitario cualificado.
PRÍNCIPE FELIPE
A presidenta Carmela Silva ten previsto visitar este mércores a Príncipe Felipe para reunirse a xunta directiva do centro co obxectivo de supervisar as medidas e actuacións postas en marcha para loitar contra a expansión do coronavirus. Asegura a socialista que se adoptaron todas as precaucións e medidas sanitarias para garantir o benestar dos menores que residen neste centro.
Relacionadas:
-
O servizo de teleasistencia da Deputación realizou máis de 700 actuacións durante o estado de alarma
Por Redacción |
-
Case 2 millóns de euros da Deputación para facer fronte á crise do coronavirus
Por Redacción |
-
O Plan Concellos, modificado para facilitar recursos contra o coronavirus
Por Redacción |
-
A Deputación contrata Netflix e Disney+ para os menores do Príncipe Felipe
Por Redacción |
-
Elaboran una guía de limpeza e desinfección de espazos públicos para os concellos
Por Redacción |
-
A Deputación dá luz verde a axudas e anticipos tributarios aos concellos por máis de 25 millóns de euros
Por Oskar Viéitez |
-
Reclaman á Deputación que axude comprando material sanitario
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación axilizará os seus pagamentos para inxectar liquidez en empresas e autónomos
Por Redacción |
-
A Deputación modifica as axudas de emerxencia para os concellos
Por Oskar Viéitez |
-
O bo tempo activa as pragas do buxo e da viña nas Rías Baixas
Por Redacción |
-
Vilagarcía restrinxe o acceso a praias, cemiterios e suprime a recollida de residuos voluminosos
Por Redacción |
-
Solicitan urxentemente medidas polo coronavirus no sector de axuda a domicilio
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadores afectados por un ERTE cobrarán paro e os autónomos con perdas non pagarán as súas cotas
Por Alejandro Espiño |
-
A área sanitaria suma 11 novos positivos por coronavirus nun día e ten 37, seis deles hospitalizados
Por Natalia Puga |