Acordo para a confección de 11.000 mascarillas antibacterianas no Concello de Sanxenxo
Por Redacción
O taller de costura El Rincón del Arte e o Concello de Sanxenxo alcanzaron un acordo para a realización de 11.000 mascarillas antibacterianas homologadas. O pacto, propiciado pola escaseza deste material, tamén contou coa contribución do comercio local Muñeca de Trapo, que donou caixas para a posterior distribución.
O pedido para a elaboración das mascarillas chegou este mércores 18 de marzo, quedando á espera de que chegen as gomas de suxeición. O obxectivo do Concello é repartir as mascarillas no municipio e nos concellos, preferiblemente do Salnés, que o necesiten.
O gasto de material será asumido polo Concello de Sanxenxo, mentres que o taller de costura, conformado por unha trintena de alumnas e a profesora Ana Álvarez, será o encargado da elaboración das mascarillass de forma gratuíta.
"Fanse relativamente rápido, pero moitas alumnas están teletraballando e cós nenos en casa, polo que non descarto tamén contactar con outras persoas voluntarias con coñecementos de costura para poder axilizar o proceso", explica Álvarez que recibiu este mércores a tela para comezar a realizar os patróns das mascarillas e repartila entre as alumnas.
Segundo o Concello de Sanxenxo, unha vez realizada a primeira partida, iniciarase a súa distribución en caixas segundo as propias necesidades detectadas no municipio.
Relacionadas:
-
Solidariedade para confeccionar nunha semana 22.000 máscaras anticontaminantes en Sanxenxo que se distribúen en oito municipios
Por Redacción |
-
Sanxenxo ofrece tarxetas ás familias máis desfavorecidas para facer a compra
Por Redacción |
-
Sanxenxo avanza a concesión de axudas a empresas e parados coa esperanza de volver á normalidade no verán
Por Redacción |