Cruz Vermella necesita voluntarios para axudar á poboación máis vulnerable e conter o avance do virus
Por Redacción
A Cruz Vermella ten en marcha un plan de continxencia para evitar a propagación do coronavirus. Unha das medidas máis importantes céntrase no apoio aos máis vulnerables, na provincia de Pontevedra e grupo de risco está integrado por máis de 9.000 persoas, para informarlles das pautas básicas de prevención e facer seguimento telefónico do seu estado de saúde.
Entre outras moitas actuacións, na cidade do Lérez a oenegué está a realizar saídas á rúa para atender a persoas sen fogar e colaborando coas asociacións de repartición de alimentos.
A formación do persoal e a promoción da información é un dos puntos crave deste plan de continxencia fronte ao COVID-19, para iso Cruz Vermella puxo ao dispor de toda a poboación un curso online sobre o Coronavirus, ao que accederon xa máis de 125.000 persoas e que permite dispoñer de coñecementos esenciais para a prevención da súa propagación.
Cruz Vermella Española conta actualmente con máis de 400 voluntarios e voluntarias activos a través da nosa rede territorial nas sedes da Estrada, A Guarda, Lalín, Redondela, Ponteareas, Pontevedra, Vigo e Vilagarcía. Pero para realizar con éxito esta campaña de prevención e apoio necesitan máis mans, por iso buscan voluntarios dispostos a realizar chamadas á poboación vulnerable e para a repartición de artigos básicos nos fogares.
Relacionadas:
-
Máis de 200 persoas apuntáronse como voluntarias da Cruz Vermella na provincia para axudar as persoas máis desfavorecidas
Por Anxo Lourido |
-
Cruz Vermella Pontevedra tamén 'Responde' ante os colectivos máis desprotexidos polo coronavirus
Por Redacción |
-
Cruz Vermella necesita voluntarios para axudar á poboación máis vulnerable e conter o avance do virus
Por Redacción |