A campaña da Renda esquiva o coronavirus e comezará o 1 de abril
Por Anxo Lourido
O 1 de abril iniciarase a campaña para presentar a declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así o recolle este xoves 19 o Boletín Oficial do Estado, sen que se faga referencia nas disposicións xerais establecidas polo Ministerio de Facenda ao estado de alerta no que se atopa nestes momentos o territorio nacional polo espallamento do coronavirus.
O prazo finalizará o 30 de xuño, segundo o que se recolle no BOE, que publica os modelos de declaración do IRPF e o imposto de patrimonio de 2019. Segundo sinalan ao diario ABC desde o Ministerio, o 70% das declaracións saen a devolver e polo tanto, con esta medida, quérese beneficiar aos contribuíntes para que reciban as súas devolucións canto antes.
As principais novidades atópanse en que se simplifica a consignación da inmobles propiedade do contribuínte e para que resulte máis sinxelo declarar as rendas de inmobles que se alugaron, o borrador desagrega conceptos como os gastos deducibles ou a amortización para calcular o rendemento neto de capital.
Outra das novidades é a simplificación na identificación do domicilio fiscal do contribuínte. Establécese un apartado separado para estes datos. Tamén resultará máis fácil realizar a declaración de rendementos de actividades económicas de estimación directa.
Todos os contribuíntes poderán acceder ao seu borrador a través do programa Renda web, coa identificación a través de certificado electrónico, cl@ve PIN ou co número de referencia onde poderán modificalo, confirmalo e presentalo.
As declaracións poderanse presentar por internet e por teléfono ou achegándose ás oficinas da Axencia Estatal de Administración Tributaria, previa solicitude de cita
Relacionadas:
-
A Axencia Tributaria prevé devolver aos pontevedreses 126 millóns na campaña da renda 2020
Por Redacción |
-
Pese ao confinamento Pontevedra rexistra xa máis declaracións da Renda que no mesmo período do pasado ano
Por Redacción |
-
A hostalería pontevedresa reclama máis medidas económicas para minimizar o impacto da crise
Por Oskar Viéitez |
-
Traballadores afectados por un ERTE cobrarán paro e os autónomos con perdas non pagarán as súas cotas
Por Alejandro Espiño |
-
O Goberno conxela o pagamento de hipotecas a colectivos afectados polo coronavirus
Por Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A corentena ameaza con mandar á quebra autónomos de diversos sectores en Pontevedra
Por Manu Otero |