VIDEO.- Os nenos de Xeve queren ser superheroes... como os que combaten o coronavirus
Por Alejandro Espiño
Se hai algo que os nenos e nenas do CEIP Santo André de Xeve queren ser de maiores é, sen dúbida, superheroes. Pero non como os que ven nas películas de cine ou nas series de televisión. Non, eles queren ser superheroes cotidianos. Eses que, nestes momentos, combaten o coronavirus desde primeira liña.
Así o manifestan nun traballado vídeo que, coa colaboración do seu profesorado, publicaron a través das redes sociais para agradecer o traballo desinteresado de numerosos colectivos durante esa crise sanitaria.
Coa música de Coldplay, e o seu himno Viva la Vida, o alumnado do colexio de Xeve fotografouse disfrazados de todas esas profesións que, nesta situación de confinamento, nos fan diariamente a vida máis doada a todos.
Médicos, enfermeiras, traballadores da alimentación ou das farmacias, persoal de limpeza, policías e bombeiros, operarios das gasoliñeiras, transportistas e repartidores ou, como non, os propios nais e pais reciben un fermoso homenaxe que, desde Xeve, xa se está a facer viral.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O CEIP A Laxe anima a quedarse na casa a través dun divertido vídeo
Por Redacción |
-
O confinamento non é escusa, os aniversarios seguen a celebrarse no colexio de Ponte Sampaio
Por Manu Otero |
-
Unha cativa fai cantar desde a súa fiestra o "Ola Don Pepito" a todos os veciños de Uxío Novoneyra
Por Manu Otero |
-
VIDEO.- Os #héroesdelsúper dan a cara no Froiz de Echegaray
Por Alejandro Espiño |
-
Contos virtuais para entreter os máis pequenos durante a corentena
Por Alejandro Espiño |