Comisións Obreiras responsabiliza a Acciona dos contaxios que se poidan producir entre o persoal de limpeza do Sergas
Por Oskar Viéitez
O sindicato Comisións Obreiras ven de denunciar as insuficientes medidas preventivas da empresa Acciona con respecto ao persoal de limpeza dos Hospitais Montecelo e Provincial diante da Inspección de Traballo, a Secretaría Xeral de Emprego da Xunta de Galicia e a Inspección Sanitaria do Servizo Galego de Saúde (SERGAS).
Este sindicato sinala que na actual crise do coronavirus o servizo de limpeza "ten que xogar un papel crave na detención dos contaxios" e, neste sentido, lamenta que a empresa Acciona vai adoptando medidas "moi por detrás da evolución dos ingresos hospitalarios, arriscando gravemente ao persoal de limpeza dos servizos onde se atende aos enfermos infectados, ademais da as súas familias, polo menos en primeira instancia".
Os Comités de Empresa do Hospital Montecelo e do Hospital Provincial pediron unha reunión coa dirección da empresa par abordar este tema pero aínda non se celebrou.
Segundo informou Comisións Obreiras, a Xerencia da área sanitaria de Pontevedra abriu este xoves unha nova sala de internamento para os pacientes afectados co Covid19 xa que todas as camas do Servizo de Pneumoloxía estaban ocupadas. A previsión dos responsables do Complexo Hospitalario de Pontevedra é abrir outras salas máis, diante do previsible aumento de afectados pola pandemia.
Desde este sindicato, alertan de que este persoal que vai dedicando Acciona para reforzar a atención dos servizos, ou atender as novas salas nas que se ingresan devanditos pacientes, "atópase sen formación específica para a colocación e retirada dos EPI, e sen ter coñecementos específicos de como se debe de realizar a limpeza das habitacións, o que provoca situacións de verdadeira angustia entre o persoal que ten que facer eses servizos, que se teñen que enfrontar co Covid-19 cara a cara sen ter a formación imprescindible".
"CC. OO. responsabiliza a Acciona de calquera contaxio que se poida producir entre o persoal de limpeza do CHOP", e anuncia a súa decisión de "actuar penalmente contra os responsables da empresa", si se producise algún contaxio, "pola falta da máis mínima e elemental responsabilidade de velar pola saúde do seu persoal".
Relacionadas:
-
O persoal de limpeza de Montecelo quéixase do "sobreesforzo permanente" nas áreas de atención á covid-19
Por Oskar Viéitez |
-
Alertan de que oito dos dez traballadores da lavandería do Hospital Provincial contaxiáronse
Por Redacción | Creada e actualizada
-
Comisións Obreiras pide que se vixíe aos "empresarios irresponsables"
Por Oskar Viéitez |
-
O contaxio dunha limpadora do Hospital Provincial provoca que CC.OO. alerte da escaseza de medidas de prevención
Por Redacción |