O Goberno aproba a apertura de talleres de vehículos durante o estado de alarma
Por Sara Iglesias
A Delegación do Goberno en Galicia informou sobre a aprobación da apertura de talleres de vehículos. En concreto, será posible realizar reparacións e mantemento, para asegurar o bo estado daqueles transportes adicados a tarefas de primeira necesidade, como a alimentación ou os servizos sanitarios.
O Boletín Oficial do Estado publica hoxe a Orde TMA/259/2020 do Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana.
Esta explica que "con el fin de garantizar el adecuado funcionamiento de las operaciones de transporte de mercancías y asegurar el necesario abastecimiento de productos a la población, así como de los transportes permitidos" no decreto de estado de alarma "se permite la apertura de talleres de reparación y mantenimiento de vehículos de motor".
Tamén é posible abrir os establecementos de actividades conexas de venta de pezas e accesorios con venda directa aos talleres de reparación, pero sen apertura ao público xeral.
O delegado do Goberno en Galicia, Javier Losada, manifestou que esta apertura debe respectar o resto de normas vencelladas ao estado de alarma, polo que só será posible desprazarse os talleres con causa xustificada. Ademais, tamén salientou que para frear o virus, a poboación debe estar unida e a mellor medida é quedarse na casa para evitar a súa propagación.
Ao mesmo tempo, a Delegación do Goberno trasladou esta información á Xunta e aos concellos para asegurar a coordinación administrativa na aplicación desta medida no marco do estado de alarma vixente.
Relacionadas:
-
Cando o coche tamén queda en casa. Recomendacións para os vehículos parados na corentena
Por Redacción |
-
A resintonización dos canais de TDT prevista para estes meses queda aprazada
Por Redacción |
-
A importancia de "non saír de ponte" para continuar coa prevención
Por Oskar Viéitez | Creada e actualizada
-
Intensifican o control sobre os desprazamentos en coche: só o condutor salvo excepcións
Por Natalia Puga |