A televisión será un servizo gratuíto nos hospitais de Pontevedra
Por Redacción
Tras as numerosas peticións dos pacientes e dos seus familiares, entre outros, o Servizo Galego de Saúde decidiu que todas as televisións que están nas habitacións dos seus hospitais sexan de acceso gratuíto. Esta medida xa está implantada en Montecelo e no Provincial.
Esta actuación, segundo o Sergas, está enmarcada como complemento das medidas preventivas especiais nos centros sanitarios en materia de saúde pública, co obxectivo de manter unhas boas prácticas de prevención e contención do coronavirus.
Xunto coa medida de limitación a unha persoa como acompañante do paciente durante a estadía no centro sanitario, a administración sanitaria busca con esta decisión facilitar e mellorar a estadía dos pacientes ingresados.
A orde para que todas as televisións das habitacións de pacientes que tivesen televisión de pago pasasen a ser de uso gratuíto foi dada pola Xunta o pasado luns 16 de marzo.
Esta instrución estivo condicionada ás dificultades técnicas de execución das mesmas (que precisasen cambiar instalacións en habitacións ou similares) e, nese caso, solicitouse a busca dunha alternativa.
Relacionadas:
-
O servizo de Farmacia de Montecelo activa un sistema de dispensación de medicación a domicilio
Por Redacción |
-
Información de utilidade durante a emerxencia sanitaria en Galicia
Por Redacción |
-
Sanidade xa fai en Pontevedra as probas no coche para detectar o coronavirus
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
A área sanitaria suma 24 novos positivos por coronavirus nun día e por primeira vez un entra na UCI
Por Natalia Puga |