As mariscadoras optan por quedar na casa
Por Oskar Viéitez
As mariscadoras a pé, das que só na ría de Arousa hai máis de 1.300 (a metade de Galicia), están optando por quedar na casa a pesar de ter permiso para manter a súa actividade. Así o confirman desde a Asociación Mulleres do Mar da Arousa e a Confraría de Vilanova de Arousa, que explican que a demanda descendeu de forma considerable debido á situación provocada polo Covid-19.
Na comarca de Arousa, ademais das actividades baseadas na explotación dos recursos mariñeiros, hai outros sectores relacionados co mar que teñen unha grande importancia e que están mantendo actividade pese ao coronavirus. É o caso de empresas de turismo mariñeiro e náutico, como a que dirixe e xestiona Marta Iglesias na Illa de Arousa.
Aínda que non pode celebrar talleres presenciais cos centros do ensino nin actividades de inmersión con turistas, ela e o seu equipo están aproveitando as restriccións para optimizar a súa estratexia dixital e mellorar os seus servizos para cando se reanude a actividade presencial.
A forte caída de prezos e o temor ao Covid-19 está a afectar á frota pesqueira, segundo coinciden en informar desde a Confederación Española de Pesca e a Federación de Confrarías.
A frota pesqueira forma parte da cadea de abastecemento e non está obrigada a paralizar a súa actividade. Con todo algúns mariñeiros xa se negan a embarcar e hai armadores que optaron por non saír a faenar.
A Federación Galega de Confrarías está a tomar medidas para garantir a subministración de peixe.
Relacionadas:
-
As prazas e mercados de abastos non escapan á crise derivada da corentena
Por Redacción |
-
Poio solicita á Xunta e ao Goberno central que habiliten liñas de axuda para as confrarías
Por Oskar Viéitez |
-
VIDEO.- Así homenaxea a xente do mar ao persoal sanitario
Por Oskar Viéitez |
-
Opromar presenta o documental 'Bravas do mar' para reivindicar o papel da muller na pesca
Por Redacción |
-
O sector da conserva duplica quendas de traballo
Por Oskar Viéitez |
-
A pesca e o marisqueo reforzan a súa seguridade ante o coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
Mariscadoras que se reivindican a través da arte
Por Redacción |