Establecen na delegación da Xunta en Pontevedra un posto de mando avanzado para a coordinación contra o coronavirus
Por Redacción
Os delegados territoriais da Xunta de Galicia en Pontevedra e Vigo, José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, constituíron este sábado o denominado Posto de Mando Avanzado (PMA) na provincia, un mecanismo pensado co obxectivo de mellorar a coordinación cos concellos na loita contra o coronavirus.
As funcións deste Posto de Mando Avanzado serán centralizar peticións de concellos acerca de necesidades de material, peticións que tamén poden canalizarse a través dun formulario habilitado pola FEGAMP e o goberno galego: http://www.fegamp.gal/content/enquisa-subministro-material-epi.
Este PMA tamén será un punto de información para os concellos, e permitirá recabar as funcións vinculadas coa actividade do coronavirus que se están a realizar en cada un deles.
Este posto tamén canalizará ao 112 as ofertas de doazón de material e organizará a través a distribución do mesmo a concellos, GES e UPA.
A Xunta acordou crear un posto de mando en cada provincia, que, no caso de Pontevedra, está composto polos dous delegados territoriais, os dous secretarios de cada Delegación e representantes das diversas xefaturas territoriais na provincia.