O Goberno prorrogará o estado de alarma outras dúas semanas, ata o 12 de abril
Por Natalia Puga
O estado de alarma decretado polo Goberno do Estado para toda España para frear o avance do coronavirus prolongarase outras dúas semanas, de modo que a data inicial do 29 de marzo estenderase ata o 12 de abril.
Así llo comunicou este domingo o presidente do Goberno, Pedro Sánchez, aos máximos mandatarios de todas as comunidades autónomas a través dunha videoconferencia desde A Moncloa.
Pedro Sánchez terá que levar esta prórroga ao Congreso dos Deputados, pois por lei o Consello de Ministros tan só pode aplicar un estado de alarma de dúas semanas e toda prórroga debe someterse ao ditame da Cámara.
O Consello de Ministros aprobou o pasado sábado 14 de marzo o Real Decreto 463/2020 polo que se declarou o estado de alarma, que supón unha limitación xeneralizada de movementos para toda a poboación que tan só permite saír das súas casas para a adquisición de alimentos, produtos farmacéuticos e de primeira necesidade ou para regresar á residencia habitual, acudir ao posto de traballo, a centros de saúde ou para coidar a menores ou a persoas maiores, dependentes, con discapacidade ou especialmente vulnerables. Todos eses desprazamentos deberán ser individuais.
O presidente do Goberno xa advertiu na noite do sábado, durante unha mensaxe televisada a toda España, que "lo peor está por llegar" e "todavía tenemos que recibir el impacto de la ola más dura".
Nesa comparecencia, Sánchez reiterou o seu chamamento á poboación para que atenda as medidas de confinamento decretadas polas autoridades: "Si evitamos el contagio, liberamos camas para quien lo necesita, ganamos tiempo. Lo seres humanos somos el tiempo que respiramos. Quedándonos en casa lograremos que muchos sigan respirando".
Relacionadas:
-
Quen debe traballar a partir deste luns?
Por Oskar Viéitez |
-
O Goberno endurece o illamento e suspende todas as actividades "non esenciais"
Por Alejandro Espiño |
-
Habilitan seis establecementos turísticos de Poio, Sanxenxo e Pontevedra para aloxar a traballadores esenciais
Por Natalia Puga |
-
Expoñerse por toda España para fornecer alimentos e non ter nin un café que levar á boca
Por Natalia Puga |
-
Intensifican o control sobre os desprazamentos en coche: só o condutor salvo excepcións
Por Natalia Puga |
-
O comercio bota a persiana, pero permitiranse salóns de peiteado, tinturerías e ópticas e a venda por Internet
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
A poboción só podrá saír da casa de xeito individual e para compras de primeira necesidade, atención médica e traballo
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño | Creada e actualizada
-
Decretado o estado de alarma en toda España para frear o coronavirus
Por Natalia Puga | Creada e actualizada