Evacúan un edificio de Portonovo ao declararse un incendio nunha tenda de bicicletas
Por Oskar Viéitez
Os veciños dun edificio da Estrada da Lanzada, en Portonovo, tiveron que abandonar momentaneamente as súas vivendas mentres os equipos de extinción apagaban un lume declarado na tenda de bicicletas New Bikes, situada no baixo.
Segundo informa o 112 Galicia, ninguén resultou afectado e as personas volveron xa a ocupar os seus domicilios.
Todo comezou ás 11:30 horas deste domingo, cando un veciño se decatou dun lume no establecemento comercial. Decontado, púxose en contacto co 112 Galicia para a posta en marcha dun operativo que formaron os Bombeiros de Salnés e os membros do GES de Sanxenxo.
Por precuación, os axentes da Policía Local decidiron desaloxar dúas vivendas superiores. En total, nove persoas, que xa están de volta nas súas casas e en perfecto estado de saúde.
En canto aos traballos de extinción, os efectivos do parque de Ribadumia, así como os membros do GES de Sanxenxo, ultiman a súa intervención, que se centrou nun cableado sobre un expositor no interior do establecemento. Non obstante, o incendio provocou un intenso fume, que procederon a ventilar.