Comisións Obreiras pide que se vixíe aos "empresarios irresponsables"

Por Oskar Viéitez
O secretario de Organización de Comisións Obreiras, Xosé Luís García Pedrosa considera que "unha parte dos efectivos das forzas de seguridade debe de ter como tarefa prioritaria a vixilancia das medidas preventivas nas empresas que manteñen a actividade", diante da imposibilidade material de que dita tarefa sexa realizada pola Inspección de Traballo.
García Pedrosa insta o Ministerio de Sanidade, como máxima autoridade nesta crise, que actúe "adoptando medidas extraordinarias" de control da actividade laboral xa que, ao seu xuízo, existen "empresarios irresponsables, que non están dispostos a asumir gastos en medidas preventivas e arriscan aos seus traballadores".
Desde Comisións Obreiras critican que "un número importante de empresas, está a aproveitarse para que os efectos da crise págueno exclusivamente os traballadores".
Así, denuncian que, nalgúns casos, algunhas empresas están "a despedir sen ningunha contemplación" ou están a obrigar ao seu persoal para coller vacacións ou están a promover ERTES dos que se exclúe aos traballadores temporais, "algúns deses empresarios son os que máis se queixan de falta de axudas da Administración. Estes son os peores", di Xosé Luís García Pedrosa.
O secretario de Organización de Comisións Obreiras anima aos traballadores a que denuncien este tipo de prácticas diante do sindicato "porque non podemos permitir que os traballadores empecen a pagar desde xa os efectos da crise".
Relacionadas:
-
Denuncian que unha auxiliar de Ence obriga aos seus traballadores a estar dispoñibles as 24 horas
Por María José Pita |
-
Aplicar un ERTE ou non, esa é a cuestión
Por Manu Otero |
-
CC.OO. denuncia o alcalde de Sanxenxo por "atentar contra a saúde dos veciños"
Por Redacción |
-
O contaxio dunha limpadora do Hospital Provincial provoca que CC.OO. alerte da escaseza de medidas de prevención
Por Redacción |
-
Comisións Obreiras responsabiliza a Acciona dos contaxios que se poidan producir entre o persoal de limpeza do Sergas
Por Oskar Viéitez |