O Concello de Poio adquire 2.000 mascarillas para repartir entre o persoal máis exposto ante o Covid-19
Por Oskar Viéitez
O Concello de Poio vén de adquirir nestes días unhas 2.000 mascarillas aproximadamente, que están sendo repartidas entre o persoal municipal, así como entre as traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF).
Á hora de efectuar esta distribución, a Concellería de Seguridade Cidadá explica que se lle dá prioridade a aqueles departamentos que, polas súas tarefas, están máis expostos, como pode ser, ademais do propio SAF, a Policía Local, Protección Civil ou operarios de distintas áreas.
O Concello acordara hai uns días contactar cunha empresa local para a fabricación dun millar de mascarillas.
Ademais, os integrantes da Comisión de Seguimento do Covid-19 acordaron nunha das sesións celebradas a pasada semana reclamar a diferentes institucións a dotación do material necesario para garantir a seguridade dos traballadores municipais.
Deuse traslado desta reclamación á Subdelegación do Goberno en Pontevedra, ao Servizo Galego de Saúde (Sergas) e á Federación Galega de Municipios de Provincias (FEGAMP). O Concello deixa claro que só aspira a recibir este material unha vez estea garantido o abastecemento para o persoal sanitario.
No caso do SAF, na actualidade préstase servizo a un total de 52 usuarios.
Relacionadas:
-
O Concello entrega mascarillas aos mariñeiros de a flote das confrarías de Raxó e San Telmo
Por Oskar Viéitez |
-
Poio reparte máscaras entre o sector do pequeno comercio do municipio
Por Redacción |
-
A Xunta reparte máis de 13.000 máscaras protectoras aos concellos da área de Pontevedra
Por Redacción |
-
Entregan á Xunta máis de 21.000 unidades de protección contra o coronavirus
Por Redacción |