A Xunta entrega EPI's aos concellos de Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade
Por Sara Iglesias
Os concellos de Moraña, Campo Lameiro e Cerdedo-Cotobade, tamén recibiron por parte da Xunta de Galicia un cargamento de Equipos de Protección Individual (EPI's), para distribuír entre o persoal municipal, do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), Policía Local e Protección Civil
O Concello de Moraña recibiu un total de 465 Equipos de Protección Individual (EPI's). En concreto, o Concello recibíu, neste primeiro reparto, un total de 100 mascarillas, 350 luvas de látex e 15 buzos, que se engaden a certo material do que xa se dispoñía pero que era insuficiente para superar as circunstancias actuais.
A alcaldesa de Moraña, Luisa Piñeiro, destacou a boa calidade dos equipos e a súa "gran importancia" para que se sigan prestando os servizos municipais, que agora son máis necesarios ca nunca, "con maiores parámetros de seguridade e de protección para os nosos traballadores e para o resto dos veciños".
Ademais, a rexedora local quixo agradecer a colaboración da Xunta de Galicia, "que foi a única administración que se preocupou polos concellos e por Moraña, xa que ningunha outra se interesou polas nosas necesidades nin nos facilitou ningún equipo". Nesta liña, Piñeiro engadíu que a importancia desta entrega radica sobre todo en que "apenas tiñamos uns poucos equipos e ademais non había xeito, polos nosos propios medios, de conseguir máis, xa que apenas quedan existencias así que este subministro da Xunta pódese considerar salvador".
O alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa recolleu na delegación da Xunta 150 mascarillas, 300 luvas e 15 traxes completos de protección individual que serán entregados aos operarios municipais.
Por outra banda, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, anunciou a inmediata distribución entre todo o persoal municipal, así como no Centro de Día-Fogar Residencial de Cerdedo, de 600 mascarillas e luvas de látex que foron postas a disposición do Concello por parte da Xunta de Galicia para axudar na prevención da transmisión do coronavirus.
Deste xeito, o Concello recibíu 100 mascarillas e 500 luvas e entregoullas aos traballadores das súas sedes administrativas de Carballedo e Cerdedo, así como ao Centro de Día do municipio e ás traballadoras do Servizo de Axuda no Fogar (SAF), para as cales eran moi necesarios co obxectivo de minimizar ao máximo o contaxio do coronavirus nunha das prestacións máis sensibles neste momento de crise sanitaria.
Así mesmo, o Concello tamén se fixo, a través desta primeira entrega da Xunta, con 15 buzos completos con gorro e protección total que se destinarán aos servizos especiais, como os realizados pola Agrupación de Protección Civil e polos equipos de limpeza e desinfección, que seguen a traballar polos centros de saúde, supermercados, farmacias e zonas comúns.
Relacionadas:
-
Alcalde e edís de Campo Lameiro doan o seu salario para mercar unha sulfatadora
Por Redacción |
-
Nova achega de material de protección aos traballadores municipais por parte da Xunta
Por Redacción |
-
Moraña entrega materiais de protección aos seis taxistas do municipio
Por Redacción |
-
A Xunta reparte máis de 13.000 máscaras protectoras aos concellos da área de Pontevedra
Por Redacción |
-
Elaboran una guía de limpeza e desinfección de espazos públicos para os concellos
Por Redacción |
-
O persoal do ambulatorio Virxe Peregrina recorre a bolsas de lixo ante a carencia de EPIS
Por Marisa Ciordia |
-
A falta de material de protección, "principal problema" de Pontevedra ante o coronavirus
Por Alejandro Espiño |