Cuntis destinará 10.000 euros a familias sen recursos para adquirir comida ou medicamentos
Por Redacción
O goberno municipal de Cuntis activou un programa de axudas municipais de emerxencia social dirixido a familias ou persoas con dificultades económicas ou en situacións de especial vulnerabilidade provocadas ou agravadas polo estado de alarma decretado polo coronavirus.
A estas axudas, que foron consensuadas por toda a corporación, o Concello vai a destinar 10.000 euros, cartos cos que estas familias poderán adquirir produtos de primeira necesidade, nomeadamente comida ou medicamentos.
"Estamos ante unha iniciativa moi importante e ambiciosa para un concello como o noso", sinalou o alcalde, Manuel Campos, que entende o escenario actual "preocúpanos moito" polo que considera que "é necesario actuar canto antes para prestar apoio ás familias que poida sufrir maiores cargas a causa desta crise sanitaria".
A axuda económica farase efectiva mediante a retirada de produtos básicos (alimentación, hixiene persoal, hixiene do fogar e farmacéuticos) dos distintos establecementos de alimentación, hixiene e farmacias ata o límite do importe establecido en función do número de persoas que integren a unidade familiar.
Establécense 100 euros para unha persoa e 150 persoas para dúas persoas, cun incremento adicional de 30 euros por persoa que integre a unidade de convivencia. No caso de prorrogarse a situación, poderá concederse un novo pago polo mesmo importe por cada extensión do estado de alarma.
As solicitudes formularanse a través dos correos electrónicos servizossociais@concellodecuntis.es ou educacionfamiliar@concellodecuntis.es.
O prazo para presentar solicitudes estará aberto mentres dure a situación de emerxencia. Para máis información, as persoas interesadas poden chamar aos teléfonos 986 18 54 68 ou 986 18 57 23, de 09.00 a 14.00 horas.
Relacionadas:
-
Cuntis reforzará os controis tras detectar "certa relaxación" e conductas "inadecuadas"
Por Redacción |
-
A confección de máscaras une máis aínda á aldea cuntiense de Cardecide
Por Redacción |
-
Cuntis apoia os escolares durante o confinamento e imprime a domicilio deberes, apuntes e traballos escolares
Por Redacción |
-
Manuel Campos, alcalde de Cuntis: "O de Cuntis é un pobo forte e demóstrao sempre ante a dificultade"
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Cuntis continúa coa desinfección dos principais lugares de paso
Por Redacción |
-
Protección Civil desinfecta as rúas de Cuntis
Por Oskar Viéitez |