A quinta edición do coworking de Barro comezará en abril e farase de maneira dixital
Por Redacción
A quinta edición do Coworking da Deputación de Pontevedra en Barro botará a andar de forma online o próximo 13 de abril, debido á situación derivada polo COVID-19.
O programa contará cun total de 20 emprendedores entre os que se atopan 11 mulleres e 9 homes, e realizarán as actividades a través da plataforma Blackboard Collaborate da EOI, e poderán utilizar Skype ou calquera outra opción de videollamada para as titorías individuais.
As persoas participantes poderán seguir as formacións dos talleres de maneira online durante os meses de abril e maio e, se é posible, retomarase a modalidade presencial nos meses de xuño e xullo. O remate do programa está previsto que sexa do mesmo xeito que nas edicións anteriores, co 'Demoday', no que os participantes presentarán os seus proxectos empresariais.
Baixo o lema desta edición, 'Apostando por un futuro sostible en 2030', a Deputación pretende fomentar o emprendemento e aumentar as posibilidades de éxito dos proxectos de negocio que participen, identificando as propostas con máis potencial de crecemento, buscando que os proxectos participantes poidan incorporarse en aceleradoras e cubrir a seguinte fase no desenvolvemento das súas empresas.
Así, poñerán en marcha sesións de formación online sobre Lean Star Up, modelos de negocio habilidades de emprendemento, finanzas, modelos de xestión, fórmulas legais, estratexias de comunicación, creatividade e innovación, plan de márketing dixital e plan comercial, ou xestión das redes sociais.
Con este proxecto, acompañaranse ás persoas emprendedoras ao longo do proceso, desde o deseño modelo de negocio ata a súa posta en marcha e optimización.
Relacionadas:
-
O 'Demoday' do coworking de Barro pon un fin presencial á tutela de iniciativas emprendedoras a través da telemática
Por Redacción |
-
20 proxectos empresariais con presentación online abren o quinto Coworking da Deputación
Por Redacción |
-
Debuxos saudables para conmemorar telemáticamente o Día Mundial da Saúde
Por Redacción |
-
"Viaxa Mañá", campaña da Deputación para atraer turistas despois da corentena
Por Redacción |
-
Mes do libro e da cultura a través da Deputación online
Por Redacción |
-
Crean unha plataforma para axudar aos 'coronavirus makers' en Pontevedra
Por Redacción |
-
Abre o prazo para participar na quinta edición do coworking de Barro
Por Oskar Viéitez |
-
O Coworking de Barro recibe 20 novos proxectos empresariais
Por Redacción |
-
A Deputación lanza a cuarta edición do coworking de Barro cunha xornada de portas abertas
Por Redacción |