Sogama amplía o seu programa ‘Caderno Verde’ con actividades para facer na casa
Sogama, a través da súa plataforma educativa online ‘Caderno Verde’ (www.cadernoverde.gal) tamén quere contribuír a que as semanas de confinamento sexan máis levadeiras para os pequenos da casa e que estes teñan a oportunidade de seguir interiorizando hábitos saudables e aprendan e gocen con distintas actividades de reciclaxe.
Este programa pedagóxico está conformado por 15 unidades didácticas que se publicarán de forma progresiva. Os protagonistas son catro membros dunha familia (pai, nai, fillo e filla), á que se suman dúas mascotas (un gato e un can). Xuntos pasan un período de reclusión no seu fogar debido á crise sanitaria orixinada polo COVID-19.
Con #EuQuedoNaCasa co #CadernoVerde, os pequenos poderán aprender a diario algo novo: que é o coronavirus, por que é prioritario seguir unhas correctas e rigorosas pautas de hixiene, a importancia de colaborar nas tarefas domésticas, o establecemento de horarios para o estudo, a lectura e o lecer, así como a oportunidade de ampliar coñecementos ambientais e seguir practicando a reciclaxe.
As distintas unidades didácticas complétanse con actividades interactivas accesibles a través de ordenadores, smartphones e tablets.
Xa está activa a primeira delas. Dous nenos, Cora e Lucas, levan varios días sen saír de casa, conscientes de que deben permanecer no fogar para protexerse eles e tamén para protexer os demais fronte ao COVID-19. Pero en cada xornada teñen a súa hora máxica. Ás 8 da tarde saen ao balcón da súa casa, xunto coa súa familia, para saudar aos veciños e aplaudir con emoción a esas persoas que o dan todo co loable fin de preservar a saúde dos cidadáns. Para participar nesta cálida homenaxe, reutilizaron uns anacos de cartón cos que elaboraron uns corazóns que dedican a eses superheroes e superheroínas.
Esta ficha de presentación terá continuidade con 14 números máis nos que se abordarán temáticas de grande interese tales como o valor da solidariedade, a empatía e a responsabilidade, a importancia de coidar os avós, o papel clave da ciencia, a medicina e as vacinas para o noso benestar, as múltiples cousas que se poden facer para vencer o aburrimento, etc.
CADERNO VERDE: A VISIÓN TRANSVERSAL DO MEDIO AMBIENTE
O principal cometido da plataforma ‘Caderno Verde’ é contribuír á educación, concienciación e sensibilización ambiental da poboación, estando orientada a escolares, profesores e pais.
Na mesma, a sustentabilidade intégrase de forma transversal en disciplinas tales como as matemáticas, lingua española e galega, inglés, plástica, etc.
Periodicamente, ‘Caderno Verde’ nútrese con distintos recursos cos que se traballan temáticas tales como os tres erres (redución, reutilización e reciclaxe), alimentación equilibrada, o coidado dos bosques e a fauna, a mobilidade sostible, a loita contra a contaminación por plásticos e as medidas a adoptar para facer fronte ao cambio climático.
OsTrebón (Anselmo, Carola, Lucas, o can Antenas, o gato Evaristo, Lilia e Vito) e os Amigos de Vilaverde (Tomei, Mireia, Aloia, Brais, o can Cirilo e o avó Celso) acompañarán a esta nova familia, que será todo un exemplo a seguir na loita contra o coronavirus.
http://www.cadernoverde.gal/no-balcon-euquedonacasa-co-cadernoverde/
Relacionadas:
-
Sogama imparte sesións formativas en centros escolares de Poio, Sanxenxo e Vilanova
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama reactiva a contratación cun investimento de máis de 5 millóns de euros en melloras no seu complexo ambiental
Por Noticia patrocinada |
-
A reciclaxe de envases lixeiros no modelo Sogama incrementouse nun 25% durante os meses de marzo e abril
Por Noticia patrocinada |
-
Medio Ambiente encomenda a Sogama a xestión de cinco toneladas diarias de residuos sanitarios
Por Noticia patrocinada |
-
Novas propostas para os máis pequenos con 'A escola infantil na casa'
Por Redacción |
-
Os concellos adscritos a Sogama reducen a produción de residuos e incrementan as taxas de reciclaxe da bolsa amarela
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama, certificada por ARDÁN como empresa innovadora e xeradora de riqueza 2019
Por Noticia patrocinada |
-
Sogama repartirá minicontedores para apoiar a loita contra o cancro de mama
Por Noticia patrocinada |