Os xestos altruístas chegan a Marín en forma de limpezas e material de protección
Por Redacción & Diego Torrado
A emerxencia sanitaria do coronavirus está a deixar por toda España un regueiro de xestos solidarios e en Marín non se quedan atrás. O pobo marinense leva días realizando doazóns de todo tipo e ofrecendo a súa axuda ao traballo daqueles que loitan en primeira liña co COVID-19.
Os últimos en sumarse á iniciativa foron a empresa Servizos Cantodarea e o establecemento Puntadas. Este último negocio realizou o venres unha doazón de máscaras para as persoas voluntarias que traballan nas ONGs locais, que, en coordinación co Concello, manteñen o seu labor fundamental de axuda a aquelas familias que máis o precisan, especialmente nestes difíciles momentos.
No caso de Servizos Cantodarea, colaboraron na intensa desinfección e limpeza que se está a levar a cabo diariamente nas rúas do municipio. De xeito desinteresado, reforzou o dispositivo adicado a este labor, conformado polos operarios da brigada municipal de limpeza e por Protección Civil.
Relacionadas:
-
A desinfección de espazos públicos chega aos núcleos rurais de Marín
Por Redacción |
-
Unha pontevedresa confecciona un cento de máscaras para a Garda Civil
Por Redacción |
-
Marín coordina o voluntariado para confeccionar mascarillas de cara ao inicio da desescalada
Por Oskar Viéitez |
-
A corporación marinense fai balance da batalla local contra a pandemia
Por Redacción |
-
O Concello de Marín recibe doazóns de material, ferramentas e man de obra para desinfectar as rúas
Por Redacción |
-
Entrega de material de hixiene persoal e limpeza para repartir desde as asociacións solidarias de Marín
Por Redacción |