A Deputación, disposta a recibir directamente o material sanitario de Xunta e Estado para a súa distribución por municipios
Por Redacción
Creada e actualizada
Creada e actualizada
Despois da petición de implicación elevada pola Xunta de Galicia ás deputacións para colaborar na repartición de material sanitario aos concellos, a Deputación de Pontevedra informou este domingo por carta á Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e aos concellos da súa disposición de encargarse directamente da distribución dos equipos e material de protección.
Este ofrecemento poñerase en coñecemento tamén do Goberno do Estado mediante unha carta que está previsto enviar o luns, en aras da colaboración entre administracións coa Xunta e co Ministerio de Sanidade. O obxectivo que o material lles chegue directamente co compromiso de facelo chegar a todo o territorio.
"Poñémonos á disposición do goberno de España e da FEGAMP como entidade canalizadora das solicitudes dos concellos, para poder responder con rapidez á petición do vicepresidente da Xunta de Galicia", sinala a administración presidida por Carmela Silva.
"A pesar de que ate agora era unha competencia directa da Xunta de Galicia que creou os postos de mando avanzados, comprendemos as dificultades que teñen para achegar aos concellos o material sanitario porque a situación é moi complexa", explicou a institución pontevedresa.
Na carta aos concellos, a Deputación expresa que "confiamos en que o traballo coordinado de todas as entidades locais axude a mellorar esta terrible situación que estamos a vivir xa que consideramos que somos entidades vitais para enfrontar esta crise".
A administración provincial lembrou ademais aos concellos as liñas extraordinarias de axudas postas a disposición dos municipios.
RESPOSTA DA XUNTA
O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, instou este domingo á Deputación de Pontevedra a "manter a unidade institucional na loita contra o coronavirus".
"Por segundo día consecutivo asistimos, con sorpresa, ao intento da institución provincial de romper esta unidade", explicou Cores Tourís, quen insistiu na importancia de que a presidenta da Deputación pontevedresa "sexa, dunha vez por todas, consciente da gravidade da crise que estamos a afrontar e deixe a política de confrontación".
O delegado territorial pídelle á presidenta provincial, Carmela Silva que "se quere colaborar achegue material para que se distribúa dende a plataforma loxística, Clonegal, posta en marcha dende a Xunta e que permitirá repartir a próxima semana 100.000 mascarillas, 15.000 traxes e 50.000 luvas", continuou o responsable territorial.
José Manuel Cores Tourís matiza que a crise do coronavirus "non entende de confrontacións políticas. Os recursos e tempo destinado a contestar á Deputación de Pontevedra son recursos e tempo que non se dedican ao verdadeiramente importante".
Relacionadas:
-
A Deputación medirá a temperatura aos cidadáns que acudan a algúns dos seus edificios
Por Oskar Viéitez |
-
Case 2 millóns de euros da Deputación para facer fronte á crise do coronavirus
Por Redacción |
-
Carmela Silva insta a Feijóo a convocar unha reunión coas deputacións
Por Oskar Viéitez |
-
Un hotel de Pontevedra, reservado para acoller a persoal sanitario que o precise
Por Redacción |
-
A Deputación paraliza toda a obra pública en execución
Por Oskar Viéitez |
-
A Deputación ponse a disposición da Xunta para o reparto de 100.000 máscaras aos concellos
Por Redacción |
-
A fábrica de mobles Pomasa doa 110 equipos de protección individual ao Hospital Provincial
Por Manu Otero |
-
A Xunta reparte máis de 13.000 máscaras protectoras aos concellos da área de Pontevedra
Por Redacción |
-
Entregan á Xunta máis de 21.000 unidades de protección contra o coronavirus
Por Redacción |