A Policía Local de Pontevedra impuxo 155 multas por incumprir a orde de confinamento
Por Oskar Viéitez
Desde a entrada en vigor o Estado de Alarma e ata este domingo 29 de marzo, a Policía Local de Pontevedra interpuxo 155 multas a veciños da cidade por incumprir a orde de confinamento. O Faro de Vigo publica o dato este luns.
A Policía Local continúa realizando os controis fixos e móbiles, tanto de vehículos como de persoas por toda a cidade.
Cabe lembrar que o decreto do Goberno do pasado 14 de marzo restrinxe a mobilidade dos cidadáns, só xustificada para ir traballar e realizar compras ou actividades esenciais.
En virtude deste decreto do estado de alarma, a Policía Local, vixía e controla o cumprimento das medidas establecidas polo Goberno, incidindo en quen incumpre a prohibición de apertura de establecementos e mobilidade de transeúntes non xustificada.
Relacionadas:
-
Anulan unha multa a un mozo que estaba a fumar na rúa cun amigo durante o estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Pontevedra acumula 191 multas por incumprir o estado de alarma
Por Oskar Viéitez |
-
Finxe estar paseando un can en Monte Porreiro para non ser detido por roubar un coche
Por Alejandro Espiño |