Os casos activos de coronavirus na área sanitaria ascenden ata os 348
Por Diego Espiño
A área sanitaria de Pontevedra-O Salnés rexistra nestes momentos 348 casos activos de pacientes positivos por coronavirus Covid-19, o que supón un incremento de 24 nas últimas 24 horas.
Así se extrae dos datos facilitados este luns 20 de marzo pola Consellería de Sanidade, máis positivos na área pontevedresa que no resto de Galicia.
No que respecta a Pontevedra, 108 pacientes con Covid-19 permanecen ingresados entre os hospitais de Montecelo, Hospital do Salnés (17) e QuirónSalud Miguel Domínguez (1), e os outros 240 están nos seus domicilios. Isto é un só paciente máis ingresado que o domingo, pese ao incremento de casos. Pola súa banda o número de persoas na UCI permanece estable nas 15 mentres que non se produciron novos falecementos (6 en total desde que comezou a crise sanitaria).
Ademais procedeuse a dar un alta hospitalaria, que sitúa a cifra total de recuperados nos 16, tras a subida experimentada o domingo neste apartado.
Peores son os datos para o resto de Galicia, e é que a Dirección Xeral de Saúde Pública da Consellería de Sanidade informou que, na última actualización, o número de casos de coronavirus a nivel autonómico ascende a 3.476 (+551). Deles 807 son da área da Coruña, 289 da de Lugo, 479 da de Ourense, 866 da área de Vigo, 529 da de Santiago, e 158 da de Ferrol.
Do total de pacientes positivos, 134 permanecen en UCI, 766 están en unidades de hospitalización e 2.576 no domicilio. Polo de agora, en Galicia rexistráronse 168 altas de pacientes e 79 falecementos. Os últimos falecementos corresponden a unha muller de 86 anos, e dous homes de 89 e 79, todos eles ingresados no Complexo Hospitalario Universitario de Vigo.
O número de PCR realizadas é de 16.118.
A Consellería de Sanidade reitera que a cidadanía empregue o número 061 só para emerxencias ou casos graves e aconsella utilizar o número gratuíto do 900 400 116 para consultar dúbidas ou síntomas leves de coronavirus.
O Sergas ten a disposición da cidadanía unha páxina web (https://coronavirus.sergas.es), na que se pode consultar información dirixida á poboación, aos profesionais sanitarios e a outros colectivos.
Relacionadas:
-
Repunte de afectados por coronavirus na área sanitaria, con 32 novos casos activos para un total de 425
Por Diego Espiño |
-
Un novo falecido e 12 altas de pacientes de coronavirus na área sanitaria, que rexistra un total de 393 casos activos
Por Diego Espiño |
-
Dous novos falecidos por coronavirus na área sanitaria, que alcanza as oito vítimas mortais e 366 positivos
Por Natalia Puga |
-
A área sanitaria multiplica as altas por coronavirus, con 12 nas últimas 24 horas
Por Diego Espiño |
-
Trinta novos positivos por coronavirus na área sanitaria, que acumula 290, 93 hospitalizados
Por Natalia Puga |
-
Día complicado na área sanitaria, con 38 novos casos activos por coronavirus nunha xornada
Por Natalia Puga |
-
Un home de 90 anos, sexta vítima mortal do coronavirus na área sanitaria
Por Natalia Puga |
-
Dous falecidos por coronavirus o mesmo día na área sanitaria, que suma cinco vítimas mortais
Por Natalia Puga |