Instan a colocar recortables, debuxos ou ramas de oliveiras en xanelas o Domingo de Ramos
Por Redacción
O próximo 5 de abril será Domingo de Ramos. Poñer en balcóns e xanelas un recortablle, o debuxo dun neno ou unha rama de oliveira se é factible, é a proposta que este pasado día 29 facía o arcebispo de Santiago, monseñor Julián Barrio Barrio, para que os fieis sigan manifestando que "Jesús segue percorrendo as nosas rúas como nas tradicionais procesións do inicio da Semana Santa".
Esta apelación producíase ao finalizar a misa dominical que, dada a imposibilidade presencial actual, retransmite a Televisión de Galicia. "Segundo as vosas posibilidades e creatividade", instaba o arcebispo de Santiago, engadindo que "será como un aplauso e signo de agarimo ao señor Jesús". Polo momento esta é unha chamada que se fixo á freguesía durante a retransmisión televisiva.
Mentres tanto, do mesmo xeito que todas, a Xunta Coordinadora da Semana Santa de Pontevedra, tivo que suspender os actos previstos para estas datas. Do seu programa habitual, só o pregón puido celebrarse o pasado dez de marzo arcebispo emérito de Sevilla, Carlos Amigo.
Desta forma, este 2020 será a primeira vez desde 1949, - cando se comezaron a celebrar os actos procesionais da Xunta Coordinadora tal e como se coñecen actualmente - en que se suspensa. Obviamente, por meteoroloxía adversa tivéronse que suspender algunhas procesións, pero nunca de forma íntegra como sucedeu esta vez. De feito, con previsión, a Xunta Penitencial non chegou a facer público o programa tradicional, a pesar de telo ultimado.
Relacionadas:
-
Haberá unha bendición simbólica de Ramos sen público en San Francisco este domingo
Por Anxo Lourido |
-
Pontevedra organizará unha mostra fotográfica coa 'Memoria dun confinamento'
Por Alejandro Espiño |
-
Pontevedra encoméndase a San Sebastián e San Roque polo coronavirus
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
O Camiño dá por perdida a campaña de Semana Santa, pero as reservas do verán mantéñense
Por Manu Otero |
-
Cancelan os actos da Semana Santa pontevedresa para salvagardar a saúde das persoas participantes
Por Anxo Lourido |
-
A Iglesia suspende as misas en Galicia ata despois de Semana Santa
Por Oskar Viéitez |