Marín suma 70 multas e a Policía incrementará o control das saídas inxustificadas
Por Oskar Viéitez
A alcaldesa de Marín, María Ramallo, reuniuse este luns co inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional en Marín, Esteban Pinilla, e co xefe da Policía Local, Benigno Blanco, co obxectivo de facer balance do traballo que están a realizar os corpos de seguridade no marco da crise sanitaria polo Covid 19.
Tal e como explicou a alcaldesa ao rematar o encontro, "é necesario incidir en determinados aspectos para facer cumprir as medidas que a día de hoxe están vixentes, intensificando así a seguridade, a vixilancia e a protección cidadá".
De maneira xeral, Ramallo e os corpos de seguridade aseguran que a poboación marinense está cumprindo cas restricións de "maneira razoable". "Son casos puntuais os que obrigaron á Policía a actuar coa capacidade sancionadora que teñen nestes momentos", aseguran.
Entre os dous corpos de seguridade, no tempo que leva vixente o estado de alarma interpuxéronse cerca de 70 actas de denuncias administrativas, que acabarán converténdose en sancións económicas de "como mínimo 600 euros cada unha".
Para evitar que este número continúe aumentando, Policía Nacional e Local acordaron intensificar os controis e a vixilancia, poñendo especial atención nas saídas ao supermercado e paseos cos cans pola rúa.
Relacionadas:
-
A corporación marinense fai balance da batalla local contra a pandemia
Por Redacción |
-
A Policía Local de Marín intensifica a vixilancia tras sumar xa 35 denuncias por incumprir o estado de alarma
Por Natalia Puga |
-
Servizos Sociais de Marín contactou con máis de 600 anciáns para coñecer a súa situación durante o confinamento
Por Redacción |