VÍDEO.- Cerponzóns celebra o seu 1001 aniversario con felicitacións desde o confinamento
Por Redacción
A asociación de veciños O Chedeiro de Cerponzóns quería celebrar este luns o aniversario con motivo dos 1001 anos que cumpre a parroquia pontevedresa.
Estaban previstos unha serie de actos festivos pero as circunstancias derivadas da expansión do COVID-19 obrigaron a este colectivo para buscar outras fórmulas para conmemorar esta data coa veciñanza.
Desta forma tiveron a idea de solicitar a persoas do mundo da política, da cultura, do deporte, do espectáculo e de diferentes áreas sociais que manteñen relación coa parroquia que enviasen un vídeo coas felicitacións, que foron trasladadas aos residentes en Cerponzóns.
Entre estas felicitacións desde o confinamento, a través de audio ou de vídeo, atópanse a do alcalde Miguel Anxo Fernández Lores, os triatletas Saleta Castro e Pablo Dapena; representantes do mundo do espectáculo como Isi e Pepo Suevos; a da presidenta da Asociación Española contra o Cancro en Pontevedra, Carmen Abeledo; a presidenta do Pontevedra Club de Fútbol, Lupe Murillo; ou concelleira de Igualdade, Paloma Castro.
Tamén saen o escritor Rodrigo Cota; a ex concelleira María José Rodríguez Teso; o historiador Rafael Quintiá; o director cinematográfico Pablo Cacheda; o chef Javier Olleros, estrela Michelín; Valentín García Bóveda; Celestino Lores, presidente da asociación do Camiño Portugués; Julio González, integrante de Os Alegres; Pepe Buxán, un dos fundadores de Fuxan os Ventos; o vicepresidente da Federación Galega de Fútbol, Fernando Iglesias e a atleta Eva María Iglesias.
A eles súmanse outros representantes políticos como os concelleiros como Demetrio Gómez, Xaquín Moreda e Alberto Oubiña; o concelleiro popular Rafael Domínguez; a concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco; e persoal representando a diferentes colectivos como a directora do Coro do Instituto IES A Xunqueira, Luisa Sánchez; o Colexio Profesional de Logopedia; o escritor José Luis Graña; a poeta Elvira Ribeiro; a liga Reumatolóxica Galega; a artista Mercedes Nieto; o historiador Buenaventura Aparicio; o pintor M. Boullosa; o xornalista Vicent García; o caricaturista Rafa Prieto; a presentadora Belén Baños; a actriz María Costas e a monologuista Adelaida Pittaluga.
Neste vídeo recóllese un resumo dalgunhas destas intervencións.
Relacionadas:
-
Cerponzóns rende homenaxe aos deportistas da parroquia
Por Redacción |
-
Cerponzóns non renuncia á celebración dos maios e farao a través das redes sociais
Por Redacción |
-
VÍDEO.- 'Cerponzóns polo mundo' manda mensaxes de ánimo ante a pandemia
Por Redacción |
-
Cerponzóns 'ponse a mil' cun libro e un documental sobre a súa historia
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
Telegrama do Rei Felipe VI aos veciños de Cerponzóns
Por Oskar Viéitez |