O PP propón ao Concello medidas económicas "máis ambiciosas e directas" polo coronavirus
Por Redacción
Ata o de agora, o Partido Popular valora "positivamente" as decisións que, no ámbito económico, adoptou o Concello para paliar os efectos do coronavirus na vida diaria de cidadáns e traballadores. Iso si, os populares entenden que é necesario "ir máis aló".
A través dun escrito presentado no rexistro municipal, o PP solicita ao Concello que se adopten medidas "máis ambiciosas e directas" ante a crise que está a crear o COVID-19.
O edil Pablo Fernández explicou que todas as taxas municipais "non só deben aprazarse" senón que se debe bonificar aos usuarios tendo en cuenta o prazo no que non puideron recibir o servizo.
A este respecto, os populares incluíron nesta comunicación a suspensión e bonificación da taxa de terrazas, a taxa de auga e lixos, a taxa de vaos e a ampliación do período de pago das liquidacións pendentes como o ICIO.
Ademais, Fernández entende que é necesario planificar unha modificación orzamentaria para habilitar un fondo económico de axudas sociais e económicas, destinadas a paliar as dificultades económicas que esta crise está a provocar nas familias e nos negocios.
Estas medidas seguirían a liña trazada polo goberno municipal, xa que o PP apoia decisións adoptadas nos últimos días en relación ao pago a provedores, o apoio a vendedores do mercado ou o aprazamento da viñeta.
Relacionadas:
-
Moldes critica que o goberno local de Poio copiou unha proposta do PP despois de votar en contra
Por Oskar Viéitez |
-
Os pagamentos de varias taxas municipais en Poio poderán fraccionarse ata en seis meses
Por Redacción |
-
Pontevedra paraliza polo coronavirus todas as obras públicas non urxentes
Por Oskar Viéitez |
-
Pontevedra prepara un "plan de choque" para reactivar a economía o "día despois" do coronavirus
Por Alejandro Espiño |