VIDEO.- Nenos e adultos envían cartas de ánimo a pacientes ingresados ou illados polo coronavirus
Por Redacción
Apenas tres anos ten a participante máis nova na iniciativa "Ao teu carón", posta en marcha na área sanitaria de Pontevedra para que persoas ingresadas no hospital ou illadas nos seus domicilios polo coronavirus reciban mensaxes de apoio e ánimo.
Esta nena de Pontevedra remitiu unha das 37 cartas e 27 imaxes recibidas ata o momento.
As achegas, que se están a recibir no correo electrónico aoteucaron.pontevedra@sergas.es, distribuiranse agora entre os pacientes.
Recibirán así os ánimos e o agarimo de persoas anónimas en idade infantil e adulta, que amosan en conxunto un alto grao de sensibilidade e apoio coa actual situación provocada polo coronavirus na área pontevedresa.
Tamén enviaron misivas de ánimo varios centros educativos da comarca e un centro de saúde mental infantil e xuvenil.
A través destas achegas diarias, que inclúen cartas, debuxos, misivas ou historias, a iniciativa "Ao teu carón" anima a utilizar as emocións cara a fomentar actividade positiva que manteña activos aos pacientes en illamento en Pontevedra.
Relacionadas:
-
Rafa Córdoba e Radio Gominola, un equipo para levantar o ánimo durante o confinamento
Por Marisa Ciordia |
-
O Hospital Naval de Marín, unha "alternativa" para 100 pacientes leves de coronavirus en caso de colapso
Por Natalia Puga |
-
Dous novos falecidos por coronavirus na área sanitaria, que alcanza as oito vítimas mortais e 366 positivos
Por Natalia Puga |
-
A Xunta descarta polo momento habilitar un hospital de campaña en Pontevedra
Por Diego Espiño |