Os particulares solidarios suman doazóns de material profiláctico en Pontevedra
Por Redacción
Martín Maciel, reside en Pontevedra e é outro dos cidadáns que desde a iniciativa privada puxo ao dispor das necesidades actuais o material co que traballa, neste caso desde a súa empresa Global Eventos. Dispón de lonas, pvc, cinta e velcro adhesivo de dobre cara. E ademais destes materiais, a axuda da súa muller, Adriana Briñón, os seus dous fillos e outro familiar.
Os cinco puxéronse este pasado luns a elaborar viseras de protección con axuda de vídeos titoriais. No primeiro día de traballo altruísta conseguiron facer ata setenta viseras. "Pódense limpar e desinfectar, así que unha persoa que a use pódea identificar co seu nome e non ten que refugala cada vez que a poña", explica Martín.
Un día despois, una desas viseras chegou ata o Hospital Montecelo para que o persoal sanitario probásea e dese ou non o seu visto e prace como material profiláctico. Aprobado, así que esta familia continúa co seu propósito e contactando cos seus provedores para seguir dispoñendo de material para os seus viseras.
O ámbito sanitario pontevedrés non é o único beneficiario da súa iniciativa, xa que a súa muller Adriana, repartiu varias entre establecementos de alimentación da zona na que viven. Poñen ao dispor de todas aquelas persoas que polo seu traballo poidan estar máis expostos a contaxio o número 625 76 44 81 para chamar e pedir viseras. Solicitando á vez que se absteñan quen non estean nesa circunstancia.
Relacionadas:
-
A farmacia Muíños de Caldas doa material para confeccionar máscaras hixiénicas
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Así agradece o persoal de Cirurxía impar en Montecelo todo o apoio que recibe na loita contra o COVID-19
Por Anxo Lourido |
-
O Rotary doa 20 tablets para que enfermos de Montecelo illados por coronavirus contacten coas súas familias
Por María José Pita |
-
Nova doazón do Grupo Pomasa á sanidade pontevedresa: 65 traxes químicos
Por Manu Otero |
-
San Francisco, o comedor máis solidario... mesmo en tempos do coronavirus
Por Alejandro Espiño & Diego Torrado |
-
Solidariedade para 'taponar' o coronavirus: "Se alguén nos necesita de verdade, aí estamos"
Por Natalia Puga |