Un incendio arrasa unha vivenda en Vilagarcía
Por Redacción
Un incendio arrasou por completo unha vivenda en Vilagarcía de Arousa durante a madrugada deste mércores. O tellado da vivenda colapsou, sen provocar feridos.
Segundo a información facilitada por Centro de Atención de Emerxencias de Galicia, os traballos de extinción estendéronse durante esta madrugada debido aos importantes danos causados polo lume.
Todo comezou ás tres da madrugada, cando o 112 Galicia recibiu unha alerta a través dos servizos sanitarios de urxencia. Os ocupantes abandonaron o inmoble e puxéronse a salvo en canto se decataron do incendio, de modo que non houbo feridos.
Os Bombeiros de Vilagarcía, coa colaboración do persoal do servizo local de emerxencias, ocupáronse de sufocar o lume, que terminou por calcinar na súa totalidade a vivenda e provocar o colapso do tellado. Esta situación motivou que os efectivos de extinción traballasen ata as primeiras horas do día.