Sanxenxo inclúe os contedores de lixo nas tarefas de desinfección
Por Redacción
O Concello de Sanxenxo reforzou as tarefas de limpeza e desinfección no municipio, como medida de prevención ante o coronavirus.
Entre estas tarefas diarias, o goberno municipal deu orde de incluír os contedores de lixo que, no caso dos que son de carga traseira e teñen capacidade para 800 litros, mantéñense abertos para evitar o contacto manual cando se procede a tirar o desperdicio.
No caso dos contedores de carga lateral, o funcionamento é a través de pedal polo que neste caso non é necesario manter aberto o contedor.
Desde Medio Ambiente lembran a importancia de continuar coa redución ao máximo da fracción resto que chega ás plantas de tratamento, así como optimizar o depósito de papel, cartón, vidro, envases e orgánica.
Ademais, inciden en que as luvas de látex ou nitrilo empregados para facer a compra e outros usos non son envases e, por tanto, non deben depositarse no contedor de envases lixeiros, o de cor amarela.
Relacionadas:
-
Sanxenxo anuncia a renovación dos contedores e a recollida domiciliaria do lixo aos maiores de 70 anos
Por Redacción |
-
Emerxencias de Sanxenxo suma 112 intervencións nos 23 días de estado de alarma
Por Redacción |
-
Pechan un ximnasio de Vilalonga que pedía aos seus clientes "entrar sen chamar ao timbre"
Por Redacción |
-
O 'ferrollo' polo coronavirus frea as obras do colexio de Vilalonga, o Pazo de Quintáns e o Priorado de Arra
Por Redacción |
-
Sanxenxo non cobrará a taxa de terrazas e reducirá á metade a de lixo
Por Redacción |