Caldas planea unha campaña de promoción do comercio local para reactivar o consumo tras a crise
Por Redacción
O Concello de Caldas traballa xa coa vista posta nas semanas posteriores ao estado de alarma, momento no que poñerán en marcha medidas destinadas a impulsar os sectores socioeconómicos da vila. Potenciar o comercio local será o alicerce principal desta campaña centrada principalmente en superar a crise económica que sucederá á sanitaria.
A través da Oficina Municipal de Información ao Consumidor, o Concello de Caldas informa de que durante esta etapa de corentena na vila termal permanecen abertos 60 establecementos no centro histórico que prestan servizos esenciais á poboación.
Entre eles inclúense tendas de alimentación, panadarías, farmacias e parafarmacias, librerías e tamén comercios de informática, talleres, clínicas veterinarias, oficinas bancarias ou estacións de servizo.
Mantéñense tamén os traballos de limpeza e desinfección de espazos públicos, así como a recollida de cartón porta a porta nos comercios. Mentres que a Policía Local e Protección Civil colaboran co departamento de Servizos Sociais na entrega de produtos a domicilio para as persoas máis vulnerables.
A domicilio funciona tamén a praza de abastos. A través do teléfono 646 137 330 pódense realizar pedidos en todos os establecementos, unha iniciativa que produciu un incremento considerable no volume de vendas do mercado. enor afluencia de público.