Ingresan en prisión os catro detidos polo alixo de cocaína en Arousa
Por Oskar Viéitez
Prisión provisional, comunicada e sen fianza, para os catro detidos o domingo na Guarda en relación co alixo de cocaína interceptado a pasada fin de semana na ría de Arousa. Así o ordenou este martes a titular do Xulgado de Instrucción número 2 de Cambados.
Con estes catro ingresos en prisión xa son seis as persoas que foron enviadas ao cárcere no marco da denominada operación "Lince", levada a cabo de maneira conxunta pola Garda Civil e a Policía Nacional.
Por agora estimábanse en case catro toneladas a cantidade de droga recuperada pero seguen a chegar á costa da Guarda máis fardos de cocaína que foron arroxados ao mar polos tripulantes da planadora de Ribeira durante a persecución policial.
A investigación segue aberta e podería haber máis detencións. Tamén houbo rexistros domiciliarios na Illa, Cambados, Vilagarcía e Vilanova.
Relacionadas:
-
Detencións no Grove e Vilanova no marco dunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Diego Espiño |
-
Prisión para os dous primeiros detidos polo alixo de 3.700 quilos de cocaína interceptado en Arousa
Por Redacción |
-
Dous detidos e 2,7 toneladas de cocaína intervidas nunha operación antidroga na Ría de Arousa
Por Natalia Puga & Alejandro Espiño |