Unha conserveira do Grove gratifica ás súas empregadas con mil euros como "Plus de implicación durante o Estado de Alarma"
Por Oskar Viéitez
A multinacional italiana Bolton Food, que xestiona a empresa Garavilla propietaria da conserveira Isabel, situada no Grove, comunicou ás traballadoras que recibirán unha gratificación de mil euros brutos como "plus de implicación" durante o estado de alarma".
Deste xeito os responsables desta compañía quere "agradecer ao persoal" o "esforzo e compromiso" que está a facer para manter a produción durante a crise sanitaria polo coronavirus
Este "plus excepcional" abonarase nunha única paga no mes de abril e terá dereito ao mesmo "exclusivamente o persoal que prestase presencial e fisicamente os seus servizos no centro de traballo" sito no Grove durante un mínimo de polo menos do 50% dos días laborables desde que entrou en vigor o estado de alarma.
A conserveira Isabel ten no seu centro de traballo do Grove un plantel próximo aos 300 traballadores, maioritariamente mulleres.