VÍDEO.- Guille Pérez, o pianista na terraza que anima o vecindario de Eduardo Pondal
Por Redacción
Poucos músicos poden presumir de contar estes días cunha audiencia fiel. Guille Pérez si. Este mozo pianista de 12 anos de idade converteuse nun referente para parte da veciñanza da rúa Eduardo Pondal.
Guille Pérez aplaude na homenaxe diaria ao persoal sanitario ás 20.00 horas acompañado por outros residentes da contorna de Vialia. A continuación, desde hai unha semana, instala o seu teclado na terraza da Praza dos Maios, na Cidade de Pedra, e cada día ofrece unha peza musical para animar ás numerosas persoas que se asoman ás fiestras e balcóns para escoitar o seu pequeno concerto.
Cando finaliza a súa peza, saúda educadamente ao público desde a terraza e volve confinarse coa súa familia no interior da vivenda para preparar a obra coa que sorprenderá ao día seguinte. Neste caso ofrece unha fuga de Johann Sebastian Bach.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- E ao final, Radio Gominola, tivo un agradecemento veciñal
Por Marisa Ciordia |
-
VÍDEO.- Globos, disfraces e emoticonos para os aplausos de cada día
Por Marisa Ciordia |
-
Rafa Córdoba e Radio Gominola, un equipo para levantar o ánimo durante o confinamento
Por Marisa Ciordia |
-
O profesorado de Tenorio versiona a Estopa e Rozalén para animar á comunidade escolar
Por Redacción |
-
VIDEO.- Así soa "Non saias", a canción coa que Os Trazantes de Tenorio animan a respectar a corentena
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Homenaxe da Policía Local e da Nacional ao persoal sanitario en Montecelo: 'Resistiré'
Por Anxo Lourido |