Máis de 3.300 vivendas de Ponte Caldelas terán os accesos desinfectados
Por Redacción
O Concello de Ponte Caldelas iniciou hai 5 días unha limpeza intensiva para desinfectar todos os lugares do rural e os accesos ás vivendas.
Os operarios municipais encárganse destas tarefas, que se extenderán por 33 lugares do municipio e máis de 3.300 vivendas, co obxectivo de minimizar o número de contaxios entre as persoas que habitan no rural de Ponte Caldelas.
En todas as aldeas do municipio estanse a desinfectar as portas de entrada ás vivendas, picaportes, cancelas e contedores, así como outros elementos que poidan ser de uso común nas zonas de paso.
Dende o pasado sábado, os traballos leváronse a cabo nos lugares de A Insua, Silvoso, Laxoso, Portasouto, A Fraga, A Pousa, Caritel, Forzáns, A Esfarrapada, Anceu, O Ramís, Os Casás, Coveliño, Barbudo, Chaín, Regodobargo, A Roca, Rebordelo, Buchabade, A Reigosa, Tourón, Vilarchán, A Sorreira, Gradín, Paradela, Contixe e Mirón. Os operarios reciben os aplausos dos veciños do rural, que valoran moi positivamente esta intensa labor que se está a realizar.
Esta medida súmase á de limpeza e desinfección do casco urbano, que se realiza co tractor e o alxibe, e que recibe unha intensidade maior, de xeito manual, diante dos establecementos de primeira necesidade que permanecen abertos tanto no casco urbano como no rural: comercios de alimentación, gasolineiras, estancos, ultramarinos e farmacias.
Relacionadas:
-
Ponte Caldelas comeza o pago de axudas municipais a autónomos e pemes
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares con entrega a domicilio
Por Redacción |
-
O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas a comercios, hostaleiros e autónomos
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas cancela todos os concursos da Festa da Troita
Por Redacción |
-
Andrés Díaz, do despacho á furgoneta
Por Redacción |