Solidariedade para confeccionar nunha semana 22.000 máscaras anticontaminantes en Sanxenxo que se distribúen en oito municipios
Por Redacción
En pouco máis dunha semana, numerosas persoas traballaron de maneira solidaria para elaborar 22.000 máscaras que se están distribuíndo en oito municipios. O Concello de Sanxenxo iniciou esta actividade a través do Taller de Arte de Dena e, co paso das días, a proposta converteuse nun "exemplo de organización e solidariedade", segundo indica o alcalde Telmo Martín.
O Concello comprara a tea a un dos provedores indicados pola Consellería de Sanidade, que ten unha fábrica en Vic, Barcelona. O Taller de Arte encargouse, cando recibiu a tea, de coordinar a confección destas pezas anticontaminantes. A propietaria da Sastrería IDA en Dena axilizou a confección das máscaras encargándose de cortar toda a tea e, desta forma, facilitou o traballo das costureiras.
Unha desas costureiras, veciña de Cambados, coseu 3.800 máscaras converténdose nun referente para numerosas costureiras que se ofreceron ao Concello para desenvolver este labor.
Tamén estudantes e antigo alumnado do Instituto Manuel Antonio de Vigo ofrecéronse a colaborar creando 1.200 máscaras en poucas horas. Tamén a mercería Salgueiro de Vilalonga, O Tear no Grove e Tecidos Loli en Sanxenxo doaron gomas para incorporar ás pezas. A lavandería Vit- Sec de Sanxenxo encargouse de lavalas e o Grupo Froiz doou as bolsas de plástico para a distribución do material.
Parte da tea adquirida foi entregada, segundo o goberno local, a varios municipios e á Mancomunidade do Salnés para elaborar 8.000 unidades. Das 14.000 creadas repartíronse 1.800 entre diversos organismos da comarca, 1.100 entre servizos como Policía, emerxencias, Centro de Día, mariñeiros, taxistas, correos, persoal de limpeza do Concello de Sanxenxo. E os axentes da Policía Local levan repartido 8.100 máscaras entre máis de 1.200 domicilios de Sanxenxo que o solicitaron a través de chamada telefónica.
Relacionadas:
-
20.000 novas máscaras para Sanxenxo procedentes dunha doazón
Por Redacción |
-
Máscaras por alimentos para combater todas as ameazas do coronavirus
Por Manu Otero |
-
Desde Poio tamén se organizaron costureiras altruístas
Por Redacción |
-
O Concello de Sanxenxo destina ao SAF o material de protección recibido da Xunta
Por Redacción |
-
Sanxenxo repartirá o martes 2.000 máscaras confeccionadas por costureiras voluntarias
Por Oskar Viéitez |
-
Acordo para a confección de 11.000 mascarillas antibacterianas no Concello de Sanxenxo
Por Redacción |