O Centro Terapéutico da Finca de Briz segue prestando o seu servizo ás familias nas súas casas
Por Redacción
Coa crise sanitaria do Covid-19, moitos servizos que se estaban realizando en Marín quedaron paralizados. Entre eles, os talleres de memoria e o centro terapéutico dirixidos conxuntamente con Afapo (Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer e outras demencias de Pontevedra) que, a pesar de que non poden desenvolver a súa actividade de maneira presencial, seguen funcionando para prestar o seu servizo e apoio aos usuarios e familias.
Así o manifestou hoxe a asociación que está a traballar "dentro das nosas posibilidades", no deseño de actividades para que os usuarios poidan traballar desde as súas casas. Para iso, contan coa colaboración e a axuda do Concello de Marín, a través da Concellaría de Servizos Sociais, que anunciou durante a mañá deste venres, a súa colaboración co centro terapéutico para que dispoñan dos materiais didácticos ofrecidos por Afapo.
Desta maneira, a asociación identificará as familias que non conten con impresora para facilitarlle as actividades de estimulación cognitiva aos maiores e así manter certas rutinas para mantelas activas e tratando de que o confinamento e o illamento social aféctenlles o menos posible.
Doutra banda, Afapo asegura que o seu equipo está a realizar, de maneira telefónica, un seguimento proactivo dos casos de maior vulnerabilidade, e así ofrecer ás familias un servizo de atención psicolóxica en caso de ser necesario
Relacionadas:
-
O centro terapéutico de Briz para persoas con alzhéimer aumentará o seu servizo aos usuarios
Por Redacción |
-
O Centro Terapéutico da Finca de Briz retomará a súa actividade este luns
Por Redacción |
-
A caída dunha árbore e obras de mantemento limitan o uso da Finca de Briz
Por Redacción |
-
O Lago Castiñeiras, a Finca de Briz e as praias de Marín, aspirantes a distintivos de calidade Q
Por Redacción |