Un blogue con actividades e rutinas para facer máis levadío o confinamento
Por Redacción
Xogos en familia, vídeos, acceso a espazos virutales, manualidades ou propostas de organización de horarios son algunhas das iniciativas que se poden atopar no blogue impulsado pola Concellería de Benestar Social e Mocidade do Concello de Poio.
O obxectivo é proporcionar ás familias ferramentas, consellos e propostas para tratar de adaptarse mellor ao confinamento, "este blogue está aberto a toda a cidadanía e nace como propósito de mostrar actividades, xogos, contos e moitas outras opcións que axuden a reforzar os lazos familiares", explica Sheila Ferreira, responsable do Servizo de Educación e Apoio familiar da Casa Rosada.
Esta iniciativa púxose en marcha fai máis dunha semana e actualízase de maneira regular, incluíndo un contido con explicacións sobre a importancia de que tanto nenos como maiores traten de manter unha rutina durante o tempo que dure o confinamento.
Desta maneira, unha das fórmulas propostas por Ferreira é a confección dun horario para desenvolver nas casas, no que non falta tempo para as tarefas educativas (a modo de escola, de 10:00 a 14:00 horas, con recreo incluído), tempo de lecer, etapas para bailar, facer exercicio ou realizar manualidades.
A concelleira de Benestar Social, Rosa Fernández, agradece o labor da educadora social así como das traballadoras da Casa Rosada que colaboran na posta en marcha desta iniciativa. Ademas, quere lembrar que tamén se están desenvolvendo actividades pensadas para as persoas maiores, por vía telefónica ou por correo electrónico a través do programa Saudemente.
Relacionadas:
-
Facer pans e doces durante o confinamento "é terapéutico"
Por Redacción |
-
Así levan o confinamento catro mulleres activas
Por Marisa Ciordia |
-
Mes do libro e da cultura a través da Deputación online
Por Redacción |
-
Tonucci apela ao "xogo libre" como método para que os nenos superen a corentena
Por Redacción |
-
Ornitoloxía contra o aburrimento
Por Redacción |
-
Consellos para manter unha boa hixiene visual durante o confinamento
Por Marisa Ciordia |
-
"Deberiamos estar informados, pero non sobreinformados. Son noticias moi duras de manexar e iso alimenta o noso malestar"
Por Natalia Puga |