Os empresarios turísticos de Sanxenxo, resignados polas perdas da Semana Santa e coa vista posta no verán
Por Redacción
A situación propiciada pola expansión do COVID-19 provocou un descenso dificilmente concebible para Sanxenxo e o seu empresariado turístico dadas as datas na que nos atopamos, con todo, asumen as perdas con resignación.
En circunstancias normais, tal e como explica Alfonso Martínez, presidente do CETS (Consorcio de Empresarios Turísticos de Sanxenxo), "nestes momentos en torno ao 70% dos nosos asociados terían aberto as súas portas e unha parte importante comezarían a traballar de forma continuada ata a ponte de outubro. Outros traballarían a Semana Santa, festivos e fins de semana ata que chegasen os meses de verán, pero, en calquera caso, é un duro pau para o sector".
O que sería o comezo da tempada alta, marcada especialmente pola previsión metereolóxica e polas reservas de última hora, atópase cunha situación para nada semellante á de anos anteriores. O ano pasado o tempo acompañou e a Semana Santa pechouse cunha ocupación do 85% no conxunto dos asociados e coa chegada de máis de 30 mil viaxeiros, superando as cifras de 2018.
Ata a chegada do coronavirus, "a previsión para este ano era boa", sempre dependendo do factor climatolóxico, polo que "os empresarios estaban a traballar cun bo ritmo de reservas que finalmente viñeron abaixo".
É por iso que, á espera de superar esta difícil situación sanitaria, o empresariado turístico de Sanxenxo traballa coa vista posta no verán, xa que supón o groso da súa facturación anual. "Estamos preparados para abrir en canto a situación sanitaria e as autoridades indíquennolo. Tocaranos traballar moi duro para non perder este ano e debemos facelo con cabeza, sen caer en guerra de prezos e apostando pola calidade e rendibilidade da nosa oferta", comenta Martínez.
As circunstancias nas que se atopan os asociados provocaron que moitos hoteis pechasen as súas portas e presentasen ERTES, mentres que outros, pola contra, non chegaron a contratar persoal para o comezo de tempada.
Relacionadas:
-
Sen clientes, só tres hoteis abrirán este luns en Pontevedra
Por María José Pita |
-
Quince familias de Sanxenxo reciben as primeiras tarxetas de emerxencia
Por Redacción |
-
A Policía Local de Sanxenxo denuncia un veciño que saíu a tirar o lixo demasiado lonxe do domicilio
Por Redacción |
-
Sanxenxo prepara unha ordenanza de praias coa perspectiva de que o 1 de xuño poderá facerse uso masivo dos areais
Por Redacción |
-
Telmo Martín confía en que ninguén se desprace a Sanxenxo en Semana Santa para facer uso da súa segunda vivenda
Por Redacción |