Debuxos saudables para conmemorar telemáticamente o Día Mundial da Saúde
Por Redacción
Os concellos de Cuntis, Barro, Campo Lameiro, Moraña e Portas, en colaboración coa Dirección Xeral de Saúde Pública da Xunta, celebran vía telemática esta data deste próximo sete de abril, Día Mundial da Saúde. Unha iniciativa que enmarcan no Proxecto de Prevención de Drogodependencias e outras condutas adictivas e que contempla varias actividades para conseguir hábitos saudables.
Unha das propostas é a apertura dun blogue na que se ofrecen actividades, xogos, películas, contos ou música que poden seguirse ou realizarse neste contexto de confinamento e que se dirixe aos mozos, pero tamén a outras idades. Tamén as webs dos cinco concellos publicarán un manifesto para sensibilizar á poboación sobre a importancia da saúde e dos servizos sanitarios universais.
Para completar, desde este próximo martes e durante unha semana manterase aberta a actividade: xunt@s creamos saúde. Con esta proposta convidan á poboación a que realicen debuxos sobre temática saudable. Con todos estes traballos prevese compoñer unha presentación que se publicará nas redes sociais dos cinco Concellos participantes, así como no mencionado blogue.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- A Coral Polifónica de Campo Lameiro sementa ánimo entre a veciñanza
Por Redacción |
-
Cuntis reforzará os controis tras detectar "certa relaxación" e conductas "inadecuadas"
Por Redacción |
-
Moraña facilita o papeleo cunha xestión alternativa para solicitar axudas durante esta crise
Por Redacción |
-
A quinta edición do coworking de Barro comezará en abril e farase de maneira dixital
Por Redacción |