O Concello entrega mascarillas aos mariñeiros de a flote das confrarías de Raxó e San Telmo
Por Oskar Viéitez
A Policía Local de Poio procedeu na xornada deste luns á entrega dun lote de mascarillas de protección ás Confrarías de Raxó e San Telmo.
Trátase dun equipamento que será utilizado polos mariñeiros de a flote, cuxa actividade é a única que figura aínda como esencial dentro do sector. Esta doazón, da que se deu conta na Comisión de Seguimento do Covid-19, ten coma obxectivo axudar a estes profesionais a garantir as medidas de seguridade durante o desenvolvemento da súa actividade no mar.
"Xa que a Xunta de Galicia ten a estes traballadores sen protección, entendemos que nós debemos axudalos dotándolles de material que os manteña protexidos cando saen a faenar", explica a concelleira de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, que lembra que, en moitos casos, "hai embarcacións nas que traballan cinco ou seis mariñeiros, unha situación na que resulta case imposible manter as distancias de seguridade que se recomendan para evitar contaxios".
BOLSA DE VOLUNTARIADO DE PROTECCIÓN CIVIL
Apenas unhas semanas despois de abrirse o prazo de inscrición, a bolsa de voluntariado xestionada por Protección Civil conta xa con máis de 30 aspirantes.
A Comisión de Emerxencias do Covid-19 agradece a implicación da cidadanía á hora de amosar o seu interese en prestar a súa colaboración. Neste sentido, cómpre sinalar que, de momento, a bolsa non está activa. Botarase man da mesma en caso de que sexa necesario.
Relacionadas:
-
O Concello de Poio continúa coa repartición de material de protección aos colectivos máis expostos
Por Redacción |
-
Cales son os establecementos operativos en Poio? A web municipal ofrecerá unha listaxe
Por Redacción |
-
O PP de Poio suxire plenos telemáticos para axilizar a aprobación de axudas aos veciños
Por Redacción |
-
O Concello de Poio adquire 2.000 mascarillas para repartir entre o persoal máis exposto ante o Covid-19
Por Oskar Viéitez |