Queda deserto o concurso para adxudicar o aparcamento de Veteris
Por Oskar Viéitez
A xunta de goberno local do Concello de Pontevedra declarou deserto o concurso convocado o pasado mes de setembro para adxudicar a explotación do aparcamento subterráneo Veteris, en cálea Antón Fraguas.
Segundo explicou a portavoz do Goberno local, Eva Vilaverde, un "defecto de forma" provocou que os técnicos rexeitasen a única oferta que se presentou, a da empresa Veteris, que construíu o aparcamento e xestiónao desde o ano 2010.
O concello tentará agora, por cuarta vez, un novo procedemento para tratar de adxudicar a xestión do estacionamento.
Despois de varios intentos anteriores que quedaron desertos por falta de ofertas, nesta ocasión fixéranse algunhas modificacións no prego de condicións do concurso, algunhas delas propostas no período de alegacións por parte da comunidade de propietarios dun dos edificios e outras de particulares.
Entre outras modificacións reducírase o investimento esixido aos posibles interesados, contémplanse melloras nas entradas e delimitarse as prazas baixo chan público das situadas en terreo privado.
A licitación sería por 66 anos cun canon anual de 24.000 euros, máis o IVE.
Relacionadas:
-
Termina o "culebrón" Veteris coa adxudicación definitiva do aparcamento subterráneo
Por Oskar Viéitez |
-
Novo capítulo no "culebrón" do aparcamento Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello prepara unha nova adxudicación do aparcadoiro de Veteris
Por Oskar Viéitez |
-
O parking de Veteris, de novo en punto morto
Por Alejandro Espiño |
-
O Concello convidará un mínimo de tres empresas para optar á xestión do parking de Veteris
Por Redacción |
-
O parking de Veteris, sen noivas
Por Alejandro Espiño |