Ponte Caldelas pon en marcha un servizo de impresión de tarefas escolares con entrega a domicilio
Por Redacción
As familias con escolares de Ponte Caldelas que carezan de impresora poden solicitar ao Concello que lle imprima os documentos das tarefas escolares que o profesorado manda aos estudantes. Unha vez solicitado, un operario entregará no domicilio os exercicios impresos para que os escolares sigan avanzando na materia lectiva durante esta corentena.
As familias que precisen deste servizo deben enviar os documentos que remiten os profesores ao correo electrónico alcaldia@pontecaldelas.org, indicando o nome, a dirección e o teléfono de contacto. As copias das tarefas trasladaranse á vivenda.
6.000 MÁSCARAS
Tamén o Concello de Ponte Caldelas recolleu os materiais necesarios para crear 6.000 máscaras que serán entregadas de maneira gratuíta a toda a veciñanza do municipio, depositándoas en cada domicilio.
Estas máscaras contarán con tea TNT, un material sen tecer indicado para a confección destas pezas sanitarias. É repelente de fluídos, antibacterias, hipoalerxénicas e que poden lavarse a 60 graos de temperatura. Serán de tea dolbe e levarán un filtro interior, para protexer mellor ás persoas que as utilicen.
O Concello está a contactar coas persoas que se ofreceron voluntarias para realizar estas máscaras de maneira altruísta. Estas persoas deben cumprir cunha serie de requisitos que garantan a máxima hixiene na confección das máscaras. A máquina de coser terá que estar situada nunha sala illada, con desinfección diaria e para a elaboración será necesario utilizar luvas e máscara.
Unhas persoas cortarán as teas atendendo aos patróns e outras coserán. Unha vez finalizado o traballo procederase á entrega en cada vivenda, segundo indica o goberno local.
Relacionadas:
-
Piden tablets e ordenadores de segunda man en Ponte Caldelas para dotar a escolares de material para as clases online
Por Redacción |
-
Comeza a repartición de máscaras porta a porta en Ponte Caldelas
Por Redacción |
-
Ponte Caldelas comeza o pago de axudas municipais a autónomos e pemes
Por Redacción |
-
Máis de 3.300 vivendas de Ponte Caldelas terán os accesos desinfectados
Por Redacción |
-
Sorprendidos dentro dun bar en Ponte Caldelas sen respectar o peche e o confinamento polo coronavirus
Por Oskar Viéitez |
-
O Concello de Ponte Caldelas dará axudas directas a comercios, hostaleiros e autónomos
Por Redacción |