A nova "guerra" do Exército céntrase na desinfección
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado
Unha das tarefas que estes días ocupan aos militares da Brilat é a desinfección de espazos públicos, especialmente, residencias de maiores e centros sanitarios. Este luns estiveron traballando no Hospital Provincial e en Montecelo, pero tamén lles vimos acudindo aos grandes supermercados e centros de distribución de alimentos ou nos albergues habilitados para as persoas sen fogar.
Os soldados executan este labor de desinfección con hipoclorito sódico ao 0.1 por cento mediante aplicación con mochilas pulverizadoras (20 ml de lixivia común por litro de auga). Naqueles lugares onde estiveron enfermos de coronavirus, denominados "zonas vermellas" úsanse produtos máis potentes, como peróxido de hidróxeno (auga osixenada) ou sanosil con iones de prata.
Para aplicar estes tratamentos, os militares vístense cos equipos de protección persoal pertinentes, traxe plástico tipo Tyvex ou similar, lentes protectoras, luvas de protección e máscara autofiltrante para gases e vapores inorgánicos.
Esta circunstancia debe ser tida en conta xa que a exposición dos soldados a estas emanacións tóxicas provoca xaquecas e náuseas polo que estas tarefas limítanse a 45 minutos por hora, cun cuarto de hora para airearse.
O Ministerio de Sanidade insiste na importancia da desinfección destes espazos para "a eliminación da carga viral que poidan conter as vías públicas dos municipios".
Relacionadas:
-
A Brilat retírase e da por finalizada a Operación Balmis de loita contra o coronavirus
Por Redacción |
-
VÍDEO.- A Brilat desinfecta dúas residencias de maiores en Pontevedra
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
A Brilat repite despregamento en Marín e desprázase ata Cerdedo-Cotobade
Por Natalia Puga |
-
VÍDEO.- Aplausos en Marín para agradecer o traballo do Exército de Terra
Por Redacción & Oskar Viéitez |
-
Limpeza a fondo da Brilat na residencia de maiores de Campolongo para frear o coronavirus
Por Diego Torrado & Natalia Puga |
-
A Brilat desinfecta residencias de maiores de Caldas e Marín para evitar a propagación do coronavirus
Por Natalia Puga |
-
Efectivos da Brilat desinfectan o centro de saúde e a residencia de maiores de Caldas
Por Redacción |
-
A Brilat desinfecta o centro de saúde de Vilagarcía tras detectarse un brote de coronavirus
Por Natalia Puga |