Cáritas da parroquia de Santa María pide a colaboración cidadá para atender o labor social
Por Redacción
Ata 56 familias en Pontevedra están a recibir axuda de Cáritas da comunidade parroquial de Santa María a Maior. Trátase de axuda para atender alimentación, medicinas, subministracións, vivenda, educación ou procura de emprego. Con todo, as circunstancias ás que obriga o estado de alarma e o consecuente confinamento están a imposibilitar que este labor social poida manterse.
Para levar a cabo estes fins, Cáritas dispón dos ingresos procedentes da colecta do primeiros domingo de mes; das achegas que se deixan no peto de Cáritas; de donativos que se realizan en man e dos que chegan pola súa conta corrente. A fin de garantir a transparencia dos seus ingresos e gastos, Cáritas exponos mensualmente no taboleiro de anuncios da entrada da Basílica e publícanse ao final de cada anualidade.
Para solicitar achegas en especie, reciben unha doazón de Froiz cada dous meses e unha entrega mensual do Banco de Alimentos. Achegas ás que Cáritas parroquial ten que engadir unha compra cos seus fondos para responder á demanda que atenden cada mes.
Tendo en conta que nesta circunstancia os supermercados teñen que responder a uns protocolos concretos e que non hai achegas dos fieis no templo, nin tampouco poden achegarse a realizar doazóns, a súa capacidade de resposta ante as necesidades familiares que están a atender víronse ostensiblemente mermadas.
Para tratar de paliar estas carencias, Cáritas da comunidade parroquial de Santa María a Maior pide a colaboración cidadá para que colaboren coas achegas posibles na a súa conta bancaria ES24 2080 5406 8030 0017 0256 de Abanca.
Relacionadas:
-
Cruz Vermella Pontevedra tamén 'Responde' ante os colectivos máis desprotexidos polo coronavirus
Por Redacción |
-
O Banco de Alimentos mantén a súa actividade ante as "necesidades urxentes" de varias ONG
Por Redacción |
-
Solidariedade para 'taponar' o coronavirus: "Se alguén nos necesita de verdade, aí estamos"
Por Natalia Puga |