A chegada máis solitaria do Juan Sebastián Elcano a Marín: será o domingo e sen público
Por Redacción
O buque escola da Armada Española, o Juan Sebastián de Elcano, atracará o vindeiro domingo 12 de abril en Marín. O evento é xa ben coñecido na localidade, pero este ano será moi diferente, pois cada ano, coa súa chegada, organízase un gran acto público no que as familias e amigos dos cadetes que terminan o seu Cruceiro de Instrución van recibilos e prodúcese unha gran sucesión de bicos, abrazos e mostras de agarimo, pero a pandemia do coronavirus non permitirá este ano que a imaxe se repita.
Nesta ocasión, o buque escola atracará no Peirao de Torpedos da Escola Naval Militar como fin o seu XCII Cruceiro de Instrución e as restricións do estado de alarma non permitirán nin que haxa unha recibida multitudinaria nin sequera que acudan os máis achegados a darlles o tan esperado abrazo de benvida.
Segundo deu a coñecer a Escola Naval, nesta ocasión, o buque será recibido unicamente polo comandante-director da Escola e non se celebrará ningún acto institucional nin xornadas de portas abertas.
O buque partirá ese mesmo día cara á súa base na baía de Cádiz.
Por outra banda, os alumnos, unha vez finalizado o cruceiro, continuarán cos seus estudos en liña, igual que o resto de alumnos da Escola Naval Militar.
Relacionadas:
-
VÍDEO.- O Juan Sebastián Elcano suca a ría madrugador e solitario
Por Diego Torrado & Redacción | Creada e actualizada
-
VÍDEO.- Chega a Marín o buque Elcano despois de celebrar a única procesión de toda España
Por Oskar Viéitez & Diego Torrado |
-
Felipe VI acompaña en Marín os novos oficiais da Armada, xusto trinta anos despois da súa propia 'graduación'
Por Alejandro Espiño & Cristina Saiz |
-
Marín, abarrotado polas festas do Carmen, as praias e a visita do Juan Sebastián Elcano
Por Redacción & Diego Torrado |
-
O Juan Sebastián Elcano deixa pegada na Ría de Pontevedra: así foi o seu paso por Sanxenxo
Por Redacción |
-
O 'Juan Sebastián de Elcano' abre a vindeira semana as súas comportas para recibir visitas en Marín
Por Redacción |