Meis pon en marcha un banco de alimentos solidario
Por Oskar Viéitez
O Concello de Meis puxo en marcha un banco de alimentos solidario.
Segundo explicou a alcaldesa, Marta Giráldez, os veciños que desexen colaborar coa iniciativa que arrinca este sábado poderán deixar os seus paquetes de comida nunhas caixas que se colocarán en tendas e supermercados.
Tamén se pode chamar ao Concello para facer doazóns e será entón un traballador da administración local o que acuda ao domicilio desa persoa para recoller o seu donativo.
Para promocionar a iniciativa o concello difundiu un vídeo coa mensaxe da campaña "Meis é solidario".
O banco de alimentos súmase a outras medidas que impulsa o Concello como unha liña de axudas extraordinarias polo Covid-19.